Mazaricos acollerá un centro de difusión medioambiental do Dolmen de Parxubeira


Xa está en marcha a construción o centro de difusión medioambiental e interpretación do dolmen de Parxubeira. Así o deixaron claro onte a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Mazaricos, José Manuel Santos, que asinaron o documento de conformidade para a concesión da subvención para acometer diversos traballos de carácter medioambiental e de mellora do entorno.
Por unha banda, o proxecto consistiu na construción dun edificio para albergar o centro de difusión medioambiental e interpretación do dolmen de Parxubeira. As obras leváronse a cabo nunha parcela de 16.568 metros cadrados, situada no lugar de Eirón. O inmoble conta con dous despachos, dous aseos e unha aula para o desenvolvemento de actividades, cunha superficie útil total de 121,7 metros cadrados.
Parte da subvención do Executivo autonómico tamén se destinou a mellorar a rede de saneamento de diversos puntos do municipio, mediante a recollida de augas pluviais e a posterior reposición de pavimento, tanto peonil como de vehículos. Estes leváronse a cabo nos lugares de Abeleiras, Lago, Cuíña, Vilar de Colúns, Godón, Outeiro de Bois e Cives.
O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financiou integramente esta actuación cunha achega de 231.843 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.
Novas relacionadas
- Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo.
- Visitando os Faros e as Igrexas da Costa da Morte en vídeo e pola rede coa SEMESCOM.
- Notas dunha viaxe ao Fisterra córnico con Manuel Vilar.
- Dombáter: Unha crítica a actuación no dolmen cabanés.
- En marcha o Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras.
- Non ao Museo subacuático da Costa da Morte.
- Manuel Gago liberou aos Viquingos de Bergantiños.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
- O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte presenta un DVD da Ruta das Antas .
- Unha expedición arqueolóxica estudia os petroglifos da Campaíña, Fieiteira e Regadiña.
- Escarvando na lenda de San Guillerme .
- O castro tapado de Laxe .
- Un campamento viquingo na Costa? .
- 188 xacementos no Atlas arqueolóxico da comarca de Fisterra .
Recunchos arqueolóxicos
- Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte.
- A Arca da Piosa.
- O dolmen de Pedra Cuberta.
- A Pedra Moura.
- O Dolmen de Dombate.
- A Casota de Freáns.
Fonte
- Xunta de Galicia.