A EU investigará o caso das gaiolas de salmón da ría de Muros
Boas novas na loita contra as instalación das gaiolas na Ría de Muros Noia. As organizacións que están a denunciar os riscos e perigos ambientais e productivos do cultivo de salmón atlántico (ADEGA, Verdegaia, Salva la Selva, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, e Asoar-armega, entre outros), están de noraboa, unha vez que a Unión Europea vén de aceptar a trámite a denuncia, presentada o pasado mes de outubro. Así o asegura a Presidenta da Comisión de Peticións da Unión Europea, Erminia Mazzoni na resolución.
Satisfacción dende as entidades
"En primeiro lugar temos que destacar a importancia desta decisión na defensa dos sectores productivos e dos ecosistemas e de toda a cidadania da ría de Muros-Noia cuios postos de traballo e nivel de vida en grande medida dependen da preservación do valor natural-porductivo da ría e a súa preservación", aseguran dende Asoar-Armega e o resto de entidades.
"En segundo lugar (...) temos que insistir que non debe continuar este tipo de cultivo que arrastra mortalidades do 60% no seu primeiro ano e do (81%) no seu segundo ano e que ten que recurrir a recursos inaplicables a nivel industrial e totalmente irrentables: suministro de inxentes cantidades de auga doce fria por remolcadores contratados pola Administración".
"En terceiro lugar temos que solicitar unha vez máis: Transparencia e Cumplimento da Lei, e que, polo tanto, dunha vez por todas a Administración Pesqueira Galega faga publicos e nos suministre a tódalas organizacións e colectivos interesados, todos os datos e resultados desta experiencia realizada nun ben público: a ría de Muros-Noia, que nos perteñece a todos, e nunha materia que a propia lei así establece, o dereito ao coñecemento público".
"Por último, decir tamén que dada a actual situación temos decidido manter reunións con todos os novos grupos parlamentarios do novo Parlameno de Galicia de modo que coñezan todos os riscos, perigos, irregularidades e resultados que se están a dar en este caso e tratar de xenerar unha estratexia común que dé por rematado, definitivamente, tan desafortunado experimento", solicitan.
Novas da loita contra o salmón en Muros
- 08-10-12: Denuncian que as gaiolas de salmón de Muros non están a ser produtivas.
- 13-07-12: A Fiscalía confirma as denuncias pola morte dos salmóns nas gaiolas de Muros.
- 09-05-12: Os Salmóns de Muros xa están denunciados formalmente en Bruxelas.
- 29-12-11: As gaiolas de salmón de Muros xa chegaron ao Parlamento Europeo.
- 01-12-11: As gaiolas de salmón de Muros tamén chegan ao Parlamento Europeo.
- 22-11-11: Pescadores e defensores do medio ambiente levan as gaiolas de salmón de Muros á Fiscalía.
- 18-11-11: BNG e PSOE cargan contra as gaiolas de salmón da ría de Muros.
- 17-10-11: A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- 03-10-11: Unha de salmóns mortos en Muros.
- 15-09-11: Denuncian que o contrato coa empresa das gaiolas de salmón de Muros está caducado.
- 05-09-11: Denuncian que a Xunta cede a súa embarcación para salvar os salmóns de Muros.
- 06-06-11: A pesca artesanal e os ecoloxistas unen as súas forzas contra o salmón.
- A Xunta rexeita a proposición do BNG de anular as gaiolas de salmón en Muros.
- Muros e a Barbanza rexeitan as xaulas de salmón.
- 25-03-11: Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros.
- 17-03-11: Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.
- 15-03-11: O mar de Muros rexeita frontalmente as xaulas de salmón.
Fonte
- Nota de prensa de Asoar-armega, Verdegaia, Adega, Greenpeace, Salva la selva.