Guía para gozar ao máximo o Festival e o Gran Prix de Carrilanas de Esteiro
Hoxe empeza o festival gratuito de música galega contemporánea máis impresionante do país e a baixada de carrilanas máis espectacular. Os escenarios e a costa do Maio xa están listas para acoller os eventos que paralizarán Esteiro durante toda a finde.
Así o explicaban onte na presentación que tivo lugar na praia de Parameán do XXXIV Gran Prix de Carrilanas e o Festival das Carrilanas de Esteiro 2023, unha das poucas citas costeiras declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
Á cita acudiron en representación do novo governo do Concello de Muros a alcaldesa María Lago Lestón (BNG) e o concelleiro de deportes Damián Torea García (PSDG), para amosar o seu apoio ao equipo organizador, que contou coa presencia do Presidente da A.D.C. Esteirana de Carrilanas David Fernández Lado, e o músico da banda local The Rapants, Samuel González Fernández (Rapante).Entre as iniciativas singulares destacaron a presenza de tres nenos cegos entre os participantes do Gran Prix. No marco do proxecto “Sentir a Carrilanas”, e gracias á colaboración coa ONCE, tres mozos afiliados á entidade participarán o domingo ás 19:00h nunha baixada na que irán de copilotos cun piloto profesional e un dos pais. Gozarán de velocidade e pilotaxe, nunha das citas máis destacadas do verán galego,
Horarios
Para disfrutar a vertente deportiva/etnográfica e a musiqueira podedes estar atent@s aos horarios.
Ademais, poderás ver a Baixada en directo polo Youtube
Información útil
NOVAS RELACIONADAS
- Carrilanas 2022: Esteiro volveu vibrar coas Carrilanas e o seu comprometido festival.
- Maio 22: Pesar en Esteiro polo pasamento do Gerente.
- 2021: As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional.
- 2020: Sentir as Carrilanas: Un proxecto social para convertir en pilotos á rapazada invidente.
- Carrilanas 2019: Un Goya para as Carrilanas de Esteiro.
- Carrilanas 2018: Un 10 para as Carrilanas de Esteiro.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, en vídeo.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1.