Sábado. 14.12.2019
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía inclínase ante Frida Calo

A Galería Mulleres de Muxía inclínase ante Frida Calo

Esta pintora mexicana (Coyoacán, 1907- 1954) recoñecida mundialmente como unha das grandes loitadoras da primeira metade do século XX, protagoniza este mes de xaneiro de 2012 da Galería Mulleres de Muxía.

Non decae ademais a figura de Frida, e pola contra segue crecendo o seu mito. Hoxe séguenos fascinando a súa figura, a súa imaxe envolta en roupas tradicionais mexicanas, a súa vida apaixoada e sobre todo a súa enigmática e fermosa obra.

Por iso, dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Muxía e dende a Biblioteca da Muller, este inicio de ano 2012 serve para lembrar a Frida Calo.

Frida Calo

A pesar de estar xunto a un artista da talla de Diego Rivera, conseguiu non ser escurecida por el, - como tan inxustamente ocurríu con outras mulleres brillantes cuia obra foi escurecida, ou mesmo “roubada” polos seus compañeiros-, Frida brillou con luz propia e convertiuse nun icono representativo do seu pobo.
Afondou nas raíces estéticas e a iconografía mexicanas e fixo uns retratos excepcionais que deixan ver o mundo interior da persoa retratada, destacando os de si mesma, nos que se pode apreciar o dolor físico e emocional e a tristeza que a envolven. A pesares das súas horas de soedade e encerro, polos seús problemas físiscos non perdeu o contacto co mundo real e foi unha muller comprometida política e socialmente.

Artísticamente relacionase co surrealismo, aínda que ela dixo que non pintaba soños, senón a súa realidade.

A súa Casa Azul de Coyoacán, a casa onde nacíu e viviu foi convertida no Museo Frida Kahlo.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios