sábado. 02.08.2025
El tiempo

A Galería Mulleres descata a escritora compostelá Iolanda Aldrei este agosto

Viki Rivadulla, a través da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, trae neste mes de agosto á lusófona compostelá Iolanda Aldrei (Santiago de Compostela, 1968).

Iolanda Aldrei Galeria Mulleres agosto 2025
A Galería Mulleres descata a escritora compostelá Iolanda Aldrei este agosto

Escritora e profesora, Iolanda Aldrei é Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1991) e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña (1992). Formouse tamén en didáctica e pedagoxía, facendo un mestrado no ano 1992 e en Estudos Portugueses na Universidade Nova de Lisboa.<(p>

Ten publicado numerosos artigos e estudos científicos no ámbito da Lingüística, a Sociolingüística, os Estudos Literarios e a Didáctica. Tamén investigou no Instituto de Ciencias da Educación da USC, colaborando no Proxecto “Língua para Informar-se, saber e opinar”.

Publicou tamén obra literaria poética (A Palavra no ar, 1990, Memória de nove lúas, 1994, O Grimório Azul de Samaná, 2011, O Segredo de Sheela na Gig, 2017, Quando a Joana voltou, 2018) e narrativa (Entrecontar, 2020, Através Editora), así como levado a escena múltiplos textos dramáticos. A narración oral é tamén outro xeito de partillar os seus textos, do mesmo xeito que os recitais poéticos.

Como docente é catedrática no Ensino Secundario nas áreas de Artes Escénicas , da Lingua e Literatura Galega e na Lingua e Literatura Española, Lingua Portuguesa, na Formación do Profesorado e na Dirección Teatral de grupos de crianzas e mozos para a integración da diversidade.

Como activista traballa en entidades culturais, interculturais e ecoloxistas e participando en moitos eventos. Participou en múltiplos congresos, seminarios, encontros científicos e literarios en varios continentes.

Actualmente é doutoranda da Universidade Aberta e da Universidade Nova de Lisboa, así como membro do Instituto de Estudos Medievais da Universidade Nova de Lisboa.

Recibiu, entre outros, o premio Careon na súa XV edición e foi nomeada Raíña Lupa pola Fundación Eira da Xoana. É académica de número da Academia Galega da Língua Portuguesa.

13 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios