Almódovar roda escenas de “Silencio” na Virxe da Barca
20:58 12/06/15
Moi grande foi a expectación a que causou hoxe Pedro Almódovar na Costa da Morte. O recoñecido director escolliu a contorna do santuario da Virxe da Barca de Muxía para rodar algunhas das escenas da súa próxima película, "Silencio".
Contan algúns dos presentes que o forte vento que sopra hoxe en Muxía non facilitou a gravación.
Ata aquí trouxo todo o seu equipo de rodaxe e actores, entre as que poderían ser as novas chicas Almodóvar: Emma Suárez e Adriana Ugarte. A rodaxe do seu novo filme arrancou o pasado día 6 de maio e xa pasou por outras vilas costeiras galega como Ares e Mugardos.
Novas cinematográficas
- Almodóvar, buscando localizacións pola Costa da Morte
- Os Fenómenos, outro filme de produción galega con participación costeira.
- A Esmorga, no Top 10 da carteleira a nivel estatal.
- Os Crebisnky de Miguel de Lira triunfan nos Mestre Mateo.
- A Costa da Morte de Lois Patiño prepara a carreira polos Goya.
- O filme Costa da Morte, Premio Especial 2015 dos Premios Feroz.
- Unha documental de percebes e boulder.
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “The Way” tamén chega á Costa .
- “A Mariñeira” enche os cines de Cee.