O Concello de Muxía dedica o mes de febreiro da Galería Mulleres a María Reimóndez


Tradutora e intérprete de profesión, esta tradutora literaria lucense é a protagonista da Galería Mulleres que organiza o Departamento de Cultura do Concello de Muxía. Unha Galería que destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…. Cada mes escollen a protagonista e elaboramos un cartel no que aparece a súa imaxe, datos sobre a súa biografía e a súa obra, enlaces web onde pode ampliarse información e unha lista dos libros dispoñibles na nosa Biblioteca da Muller que sexan de esa autora.
Hoxe toca falar de María Reimóndez, que en 2009 recibiu o premio Plácido Castro de tradución. Como escritora ten numerosos premios, así no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo, no ano 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil , en 2006, foi galardoada co Premio San Clemente e co Premio Frei Martín Sarmiento no 2010 .Ten feito un importante traballo de investigación e divulgación sobre o feminismo
Especialmente relevante é o seu traballo no campo da cooperación ao desenvolvemento. Comezou o seu traballo como voluntaria en Karnataka (India) e en 1998 fundou Implicadas no Desenvolvemento, organización que entende a pobreza como unha cuestión política na que se vinculan o neocolonialismo, o patriarcado e o capitalismo. Reimóndez é a súa presidenta e a persoa directamente encargada de colaborar na planificación e seguimento dos proxectos.
O seu traballo teórico ao redor dos temas relativos á cooperación está estreitamente vinculado co seu traballo do activismo feminista e poscolonial, algo que a levou a impartir diferentes conferencias polo mundo.
María é unha muller fondamente comprometida e definitivamente activa en tódolos terreos e especialmente nos feminismos e a defensa da lingua galega en particular e da diversidade lingüística en xeral.
Máis información
- María Reimóndez na Biblioteca Virutal Galega.
- www.mariareimondez.eu.
- Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar as súas obras:
- REIMÓNDEZ, MARÍA. O clube da calceta. Xerais.
Novas relacionadas
- A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais.
- As mulleres de Cee pensan o que sinten.
- 25N: A Costa abre os ollos para loitar contra o silencio.
- Tareixa Ledo e Lidia Senra abriron o camiño da muller en Pasarela.
Galería Mulleres de Muxía
- Xaneiro 2012: A Galería Mulleres de Muxía inclínase ante Frida Calo.
- Decembro 2011: A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal.
- Novembro 2011: A Galería Mulleres recupera o compromiso de María Miramontes.
- Outubro 2011: A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure.
- Agosto 2011: Luisa Villalta, na Galería Mulleres durante este mes de agosto.
- Xullo 2011: A galería Mulleres de xullo está dedicada á filósofa e profesora galega Mª Xosé Agra Romero.
- Xuño 2011: Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2011: María do Carme Kruckenberg, muller do maio na Galería Mulleres.
- Abril 2011: A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz.
- Marzo 2011: A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
- Febreiro 2011: Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía.
- Xaneiro 2011: Xaneiro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da "Galería Mulleres" de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.