Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os coidados tamén chegan á Galería Mulleres coa enfermeira Florence Nightingale

A Galería Mulleres do Concello de Muxía quere homenaxear, na figura de Florence Nightingale, a todas as persoas que coidaron de nós durante a crise do COVID 19, e continúan a facelo cada día. Pon así os coidados no centro do debate, como xa fan os colectivos feministas nos Faladoiros de QPC.
Florence Nightingale na Galeria Mulleres de Muxia 2020
¡
Os coidados tamén chegan á Galería Mulleres coa enfermeira Florence Nightingale

Florence Nightingale (Florencia,1820 - Londres, 1910

.

Enfermeira. Persoa moi destacada na historia británica; non se dobregou ante as regras da ríxida época vitoriana e fundou as bases da asistencia de enfermería moderna. Rebelouse contra os prexuízos da época e contra o seu destino de muller que debía permanecer no fogar, e elixiu a profesión de enfermeira. Rexeitou a numerosos pretendentes e con 24 anos decidiu dedicarse a coidar do próximo, vocación que seguiu a pesares de que a súa familia púxolle obstáculos.

En 1852, Florence aceptou unha oferta para dirixir unha clínica privada en Londres, decidida a transformar o oficio de enfermeira ao que só se dedicaban mulleres pobres e marxinadas .Dignificou o oficio, e propuxo que na súa base había dous aspectos esenciais: a preparación e a hixiene. Por outra banda, cría que a asistencia aos enfermos correspondía a todas as clases sociais e merecía unha xusta consideración , mesmo nunha sociedade tan elitista como a vitoriana. Florence tivo ocasión de demostrar ao mundo enteiro a validez das súas ideas na guerra de Crimea. Tras un ano de combates, os soldados atopábanse ao límite das súas forzas e eran vítimas dunha epidemia de cólera.

Ao principio, a relación de Florence cos médicos non foi doada, xa que non recoñecían a súa autoridade pero aos poucos, conseguiu impoñer as súas regras de hixiene e coidados. En dúas semanas logrou montar unha cociña para preparar a comida de 800 homes; unha lavandería onde se deseinfectaba a roupa ,conseguiu que se illasen cunha cortina as camas co fin de evitar traumas psicolóxicos e para respectar a intimidade dos pacientes. ..."A dama da lámpada", foi a denominación que lle deron a Florence os hospitalizados, debido a que polas noites percorría as salas cunha lámpada para seguir cos coidados. Co seu sistema conseguiu baixar unha elevadísima mortalidade ata un 2%, salvando moitas vidas.

Ao volver da guerra foi recibida coma persoa heroica, condecorada pola Raíña Vitoria e fundou, en 1860 a Escola de Adestramento e Fogar Nightingale para Enfermeiras no Hospital de St. Thomas grazas á achega económica da mesma raíña.

Tamén foi pioneira na estatística e na representación visual da información, usando, entre outras ferramentas, diagramas e histogramas circulares. No “ Diagrama Nightingale” ou “ Diagrama de Área Polar”, que enviou á Raíña Vitoria en 1858, mostrou as causas da mortalidade do exército inglés e reflectiu toda a información que recompilou durante a súa estancia en Crimea. Grazas á obra de Florence establecéronse novos departamentos –de medicina, ciencia sanitaria e estatística- no exército, para mellorar o coidado da saúde. Publicou aproximadamente 150 libros. Un deles titulouse "Notas sobre enfermería" (1860) e é un texto fundamental e primeiro libro para uso específico no ensino da enfermería e que foi traducido a moitos idiomas.

Novas relacionadas

Artigo relacionado

10 anos da Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios