Mércores. 01.05.2024
El tiempo

FSF: Patri afiánzase como goleadora na máxima categoría

FSF: Patri afiánzase como goleadora na máxima categoría
Patri e Eva celebrando un tanto do Amarelle

A nova máis positiva da xornada do fútbol sala feminino costeiro traémola dende a máxima categoría, onde Eva e Patri acadaban unha vitoria fundamental do Viaxes Amarella na loita por evitar o descenso. Ademais, a muxiá afiánzase como peza clave do equipo marcando o seu terceiro gol da temporada ante un rival directo, o Majadahonda FSF.

Polo demais, en 2ª, o Fisober viaxaba de novo a terras madrileñas para enforntarse ao Leganés. A pesares do mal resultado o Fisober ofreceu unha boa imaxe mentrás o osixeno e as lesións llo permitiron, pois a unha Inés con problemas nun nocello e que só xogaría por forza maior, acumulouse unha torcedura tamén de nocello de Ana, o que fixo que o equipo xogara sen trocos case toda a segunda metade.

Xa na Liga Provincial, un pouco de todo. O Concello de Ponteceso mantense na pelexa polo liderato, e coa súa vitoria desta fin de semana queda na 2ª praza empatado co BeArt, e a 3 do Viaxes Amarelle.
O Lira FSF vencía e segue sumando.
Tamén vencía o Vila de Cee que se afianza nos postos altos da táboa acadando o 5º posto.
Mentres, o filial do Fisober segue ca súa mala xeira de resultados a pesares de facer un moi bo partido e merecer moito máis, pero pagou que segue pelexado co gol.

2ª División Estatal, xornada 14

  • Resultado: LEGANÉS – FISOBER F.S.F. (7-0)
  • FISOBER: Leti, Mai, Ana, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Raquel e Inés.
  • Goles 1-0 Sara Sanz, 2-0 Puche, 3-0 Puche (descanso), 4-0 Sila, 5-0 Marina, 6-0 Marina, 7-0 Marina.
Partido do Fisober Arrancaban os dous equipos algo aletargados, quizais non lles sentaba ben madrugar. Aínda así as da Costa defendían con solvencia o ataque dun dos cocos da categoría. Incluso os catro minutos Mai nunha contra tiña unha gran ocasión desbaratada pola porteira local. Respostaban as “pepineras” cun lanzamento que entre Leti e o pau evitaban que fora o primeiro gol do partido.
Dominio local e contras visitantes, así se dispuña o partido. Os sete minutos Myrella enviaba un lanzamento o pau. E a resposta local desta vez foi cun gol de Sara Sanz os oito minutos para abrir o marcador.
Co mesmo guión foron pasando os minutos ata que a tres para chegar o tempo de lecer Puche facía o segundo gol local.

Máis duro sería cando a sete segundos para o fin desta primeira metade Puche facía o tres cero, dando un duro golpe as visitantes que tan ben traballaran a primeira metade cunha rotación tan curta. Aínda así un lanzamento de Ana a desesperada case sen tempo foise o trabe da portería local.

Arrancou a segunda metade e o pouco do inicio, nunha xogada fortuita Ana torcía o nocello non podendo continuar e deixaba sen cambios as visitantes, solo ca tocada Inés. Cambiaba totalmente o partido xa que as locais intensificaron o dominio e as visitantes xa case non asustaban, perdendo folgos co paso dos minutos. Tocaba defender , enorme esforzo de todas dende Leti na portería ata calquera das xogadoras de pista que deixaron sen goles a súa portería durante case dezaseis minutos. Un golpe de Myrella mediada a segunda metade, fixo que a renqueante Inés xogara incluso un segundos.
E así aguantaron as da Costa ata os catro últimos minutos, sen recibir un solo gol na segunda metade. Pero os últimos catro fixéronse eternos e os goles primeiro de Sila e despois unha tripla de Marina puxeron o amplo sete a cero final para un Fisober que traballou moi ben a pesares das dificultades.

Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: Troula FS - Concello de Carnota Lira (1-4)
  • Goles: 0-1: Alba; 0-2: Alba; 1-2 (descanso); 1-3: Bárbara; 1-4: Bárbara.

Partido no Pavillón municipal de Betanzos que enfrontaba ao Troula FS co Concello de Carnota Lira. Comezaba o choque cun golazo de Alba dende o medio da cancha na primeira xogada por parte das Roxiñas, que lle daba moita tranquilidade ao equipo visitante, xa que viñan dunha mala racha! Discurría a primeira parte con ocasións para os dous equipos, pero o Lira conseguía volver a marcar outra vez por medio de Alba. As locais non se rendiron en ningún momento e conseguían acurtar distancia chegando ao descanso con 1-2 no marcador.

Xa na segunda metade as locais sairon a por todo buscando romper a defensa das visitantes con balóns en largo, non conseguindo atopar o empate. Aproveitaronse desto as Roxiñas saíndo á contra e alonxándose no marcador por medio de dous goles de Bárbara nos últimos cinco minutos pondo o definitivo 1-4 no luminoso.

Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: Vila de Cee FSF - Espartanas (3-0)
  • Vila de Cee: Carla, Alba, Adriana, Andrea e Maria. Tamén: Marta, Sandra, Laura e a infantil Lucía.
  • Goles: 1-0: Andrea; (descanso); 2-0: Alba; 3-0: Adriana.
Banco do Vila de Cee FSF

Comezaron as Ceenses ca intención de ir a polo partido e resolver o mesmo de forma rápida, conseguindo así marcar xa nos primeiros minutos por obra de Andrea. O FSF Villa de Cee, dominaba totalmente o partido e creaba numerosas ocasións, pero sen fortuna de cara o gol. As Espartanas tan só intentaban defender o acoso local e ata finais de primeira parte non conseguiron achegarse a portería contraria.

Xa na 2ª parte o FSF Vila de Cee, continuou co seu asedio en busca do 2º gol e o cal consegue meter Alba, despois dun bo pase de Adriana. Xa co partido case resolto para as xeenses, as Espartanas intentaron atacar e nunha contra das Ceenses Adriana consegue meter o 3º gol, o cal setenciaba o partido.
As estrelas nesta ocasión serán 3* para a capitana Adriana cun pase de gol, un gol e exercendo de líder do grupo, 2* para Marta cada día mellor na súa nova posición coma pivot, e 1* para a infantil Lucia, a cal a pesar de xogar poucos minutos case consegue marcar.

Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: Ártabras - Concello de Ponteceso FSF (1-3)
  • Ponteceso FSF: Salomé, Martina, Ana, Sandra e Carmen. Tamén xogaron Noa, Cintia, Elsa e Carla.
  • Goles: 0-1: Carmen, min 6; 1-1: Andrea, min 17; 1-2: Cintia, min 19; 1-3: Carmen, min 23.
O Ponteceso comezou demasiado presionado polo equipo local pero foi meténdose no partido, desprendéndose da precipitación inicial. No minuto 6 Carmen puña o 0-1 no marcador tras unha boa xogada combinativa do Ponteceso ante a que nada puido facer Almu.
Non sería até o minuto 17 cando Antía dun potente disparo afastado consegue empatar o encontro. Cun Ártabras envorcado, chegaría o 1-2 por medio de Cintia.
Na segunda parte, nunha cancha na que era realmente difícil xogar, debido á condensación o Ponteceso soubo xestionar a súa vantaxe e aguantar as arremetidas das mozas xogadoras fenesas, quen foron vítimas das súas imprecisións. Ao pouco de renovarse o encontro, no minuto 22 sería de novo Carmen a que logra bater a Almu, empuxando o balón no segundo pau. De novo, o Ponteceso lograba un gol froito dunha boa sucesión de pases e xogo combinativo, por encima das individualidades. O marcador xa se mantería así até o final do encontro.

Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: CRUCES – FISOBER “B” F.S.F. (2-1)
  • FISOBER B: Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Laura e Tamara; tamén xogaron: Andrea Muíño, Antía e Andrea Piroja.
  • Goles: 1-0 Ana, (descanso), 2-0 Cruz, 2-1 Paula Fandiño.
Partido do Fisober

As baixas na portería fixeron que a xogadora de campo Alejandra se puxera baixo paus, a cal fixo un meritorio partido, cumprindo a un gran nivel e sen poder facer nada nos goles. Arrancou valente e con oportunidades o filial pero cada vez que se aproximaban a área rival baixábaselles a persiana e non eran quen de concretar ante a porteira local.
Así unha e outra vez, con bo número de ocasións pero sen o premio do gol. E quen perdoa en deporte sole pagalo. Pagárono cun lanzamento de Ana que petou nunha xogadora do filial e despistou a Alejandra para poñer o 1 a 0.
Non se renderon as visitantes e seguiron tentando pero non foron quen de igualar o partido. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade mesmo guión, as xoves xogadoras do filial a malgastar ocasións na busca da igualada, pero o gol seguía sen chegar. E volveron a pagalo , desta vez foi Cruz a que fixo o segundo gol local. Loitaron ata o fin as visitantes tentando levarse algo de proveito de tan longa viaxe. E conseguiron o seu gol despois dun dobre penalti transformado por Paula Fandiño, cando se ía chegar o último minuto. Unha Paula que xunto con Nuriña foron chamadas para adestrar ca coruñesa cadete.
Esforzo sen premio , así se podía resumir o partido do filial que pagou caro a súa falta de gol, perdendo un partido no que fixeron méritos para gañar.

1ª División Estatal, 15ª Xornada

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Majadahonda FSF (3-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Lidia Mesías, Espi, Cris, Dolo (cinco inicial), Patri, Tati, Noe, Yaiza.
  • Goles: 1-0 Patri (min. 17); 2-0 Espi (min. 24); 2-1 Elena (min. 30); 3-1 Dolo (min. 32); 3-2 Marta Mateo (min. 35).

O Viaxes Amarelle FSF suma tres puntos vitais na súa loita por escapar dos postos de descenso ante un rival moi batallador, como o foi esta tarde o Majadahonda FSF. O partido estivo moi tolo en moitos tramos do partido e moi condicionado por decisións arbitrales, perjudiciales para ambos equipos, pero ao final impuxéronse as herculinas no marcador por un axustado 3-2, que lles permite durmir outra semana máis fóra dos postos de descenso. A primeira metade empezou moitísimo respecto por ambas escuadras cunha presión en media pista por parte do Viaxes Amarelle FSF, sobre un Majadahonda que tiña o balón nos seus pés pero sen crear o suficiente perigo. Os minutos pasaban sobre a pista con algunha que outra ocasión para os equipos, pero sen ser ningún dos dous superior, e con boas actuacións de ambas porteiras, pero a falta de tres minutos, Eva ataja un balón e executa un saque rápido a Dolo, a cal ve o desmarque de Patri Romaní e manda unha diagonal a Patri Romaní que se queda diante da porteira visitante, no primeiro disparo, a porteira de Majadahonda FSF rexeita o esférico que lle volve a caer nos pés a Patri e xa a porta baleira pon o 1-0 no marcador. Os últimos minutos estiveron algo máis disputados, pero sen movementos no marcador, continuo lucindo no luminoso de Sagrada Familia a vantaxe herculina por 1-0 sobre a escuadra majariega.

Na reanudación, o Majadahonda saíu a por o partido cunha presión moi alta do balón e cun xogo onde buscaban a falta perigosa cerca do área galega. Cada vez tiñan máis perigo as majariegas, mandando incluso un balón ao pau nos primeiros minutos de partido, pero as que se adiantaban no marcador de novo eran as herculinas, tras unha rápida contra conducida por Espi e finalizada excepcionalmente cun tiro cruzado desde nove metros que acabo no fondo da rede do Majadahonda FSF, poñendo o 2-0 no luminoso. Apenas pasaran uns segundos máis cando o Majadahonda FSF gozou dunha ocasión moi clara dentro do área pequena, que Eva resolveu ben baixo paus e pouco despois as herculinas armaban outra ocasión moi clara que rexeitaba a porteira do Majadahonda, e caía aos pés de Patri, volvéndose a atopar coas mans da porteira visitante. Os dous equipos estábanse cargando de faltas, que non eran, e cada vez os colegiados estaban demandando demasiado protagonismo na pista, sendo isto perjudicial para as dúas escuadras, que se atopaban con decisións moi estrañas por parte dos colegiados. A falta de 10:37, as herculinas cubriron o coubo de cinco faltas. O Majadahonda FSF soubo aproveitar este afán e ao mínimo contacto íanse ao chan, buscando o dobre penalti, que non tardou en chegar, pois a falta de dez minutos conceden unha falta ao bordo do área sen barreira, a cal Elena encargar de recortar distancias e poñer o 2-1 no luminoso. Pero o conxunto herculino non se encerra a defender un resultado e seguiu buscando o gol, e leste chegou por mediación de Dolo a falta de oito minutos nun tiro frontal de nove metros, tras un roubo en media pista de Lidia Mesías. O conxunto majariego tamén sumo as cinco faltas cando aínda restaban 7 minutos para acabar o partido e isto facía o encontro fose unha tolemia dunha portería a outra. O conxunto herculino dispuxo dun dobre penalti, que atajaría a porteira visitante, e a falta de cinco minutos o Majadahonda metería máis presión ás herculinas ao conseguir recortar distancias co 3-2, obra de Marta Mateo. Cun resultado apertado, as visitantes apostaron por alternar por tramos o xogo de cinco, pero con pouco perigo sobre a portería defendida por Eva. Nos últimos minutos algunha ocasión para cada unha das escuadras, pero sen que se movese o marcador do 3-2 ata o final do tempo reglamentario.


Máis información

Novas relacionadas

Crónicas anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios