Muxía reabriu as feridas do Prestige
Este pasado sábado 25 de novembro, Muxía celebraba unha data moi especial. 10 anos da catástrofe do Prestige, e 10 anos da invasión de milleiros de voluntarios de todo o mundo que cambiaron a cor, e o sino da Costa da Morte. O Concello muxián quixo render unha homenaxe a toda esa Marea branca, artellando un completo sábado no que a herencia foi a protagonista.
A xornada comezaba pola mañá, pero a mar impedíu que levase a cabo a Limpeza da Ría, que artella a ASOAR-ARMEGA. Unha limpeza que queda pendente para este sábado 1 de decembro e que congregará a ducis de veciños, mariñeiros e mergullares voluntarios para sacar lixo do fondo da ría de Camariñas e Muxía.
Pola tarde, unhas 70 persoas, a maioría da vila da Barca, pero tamén se achegaron algúns voluntarios/as de fóra, achegáronse ao Salón de Actos do Voluntariado (que ben traído o nome do edificio) para render homenaxe a esa onda de solidariedade. A sesión comezaba coa proxeción da documental de Isabel Coixet "Marea Branca". Tras botar unhas boas bágoas, os protagonistas subiron á mesa redonda.
Mariñeiros e voluntarios achegaron posturas
Moi boa acollida tivo o coloquio, que contou con varias personalidades que tanto fixeron naqueles días de catástrofe. O alcalde muxián abríu a sesión, e acompañándoo na mesa estaban xentes do mar: o expatrón maior da confraría de Muxía, Javier Sar, emais o actual Daniel Castro. Ademais, dous pesos pesados do sector, como José Luís Rodriguez (presidente de ARMEGA) e Nacho Castro (xerente da lonxa de Muxía), estes dous, protagonistas do documental.
O coloquio estivo ben animado, e pasadas as 21:00 da noite, tras 3 horas de lembranzas, houbo que pechalo porque esperaba o festival de música tradicional no paseo marítimo. O importante é que notouse que hai moitas gañas de falar do que pasou daquela e hai temas pendentes sobre os que a xente quere saber. A espiña sigue aí despois de moitos anos. A traxedia tivo milleiros de experiencias e cada quen o viviu dende a súa parcela, pero ás veces parcialmente sen ter a visión dos outros, o que provocou non poucos malentendidos e deixou campo aberto para as manipulacións e visións distorsionadas que se venderon dende o poder.
O coloquio serviu para achegar as visións de voluntarios e mariñeiros. Houbo representantes dos dous colectivos que expricaron as súas posturas e actuacións durante a catástrofe e despexaron dúbidas duns e outros. Pero viuse tamén que segue a haber moitas cousas que non se dixeron, moitas dúbidas e descoñecemento do que pasou realmente e que é un asunto que ainda a día de hoxe levanta polémica.
Pola noite a vila da barca puido disfrutar da música na ribeira, porque tamén fai falla algo de festa nos tempos que corren.
Seguemento especial do Xuízo do Prestige en QPC
- Alberto Pose: Mangouras, cabeza de turco.
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”..
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.
Novas relacionadas
- Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra.
- Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte.
- O Xuizo do Prestige existe e ten data.
- Un plan de protección ambiental para a costa pero sen a costa.
- Limpando os grans de area.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
- Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
- Lorena Martínez: As cifras do Prestige.
Máis novas
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
- As Bodandes da Fala: Entrevista con Nacho Castro: "Sen os voluntarios…, morremos”.
- Lorena Martínez: Man de Camelle.
- Retrato a tamaño natural.
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).