Basket: O E.S. Bazarra Costa da Morte volve tropezar en Carballo

Volveron caer no segundo encontro consecutivo ante o Dimolk Xiria as rapazas do ACB E.S. Bazarra Costa da Morte.
2ª División Feminina, xornada 16
- Resultado: Dimolk Xiria - E.S. Bazarra Costa da Morte (56-46)
- Parciais: 18 - 13; 9 - 13; 9 - 17; 15 - 10 / Acumulado: 18 - 13; 27 - 26; 36 - 43; 51 - 53.
- E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE: Ana, 0 ptos; María Mas, 5 ptos; María Castro, 5 ptos (1 tripla); Sandra, 23 ptos (2 triplas); Yaiza, 13 ptos (1 tripla) - quinteto inicial- Uxía, 0 ptos; Fani, 0 ptos.
De novo inicio cómodo para as rapazas do E.S. Bazarra Costa da Morte, como no partido de ida, levando o primeiro cuarto. Pero no segundo, desconexión total tanto en ataque, anotando unicamente unha canastra, coma na defensa, recibindo uns dos parciais en contra máis altos nesta temporada. Este cuarto marcou o partido, xa que ainda que o intentaron, as rapazas de Cee non foron capaces de recortala diferenza para disputalo resultado.
Así analizaba o partido a xogadora carballesa Clara Antelo:
Xa se preparan as ceenses para visitar a vindeira fin de semana ao Celtas de Foz.
Outros resultados
Xogaron tamén as razadas da Liga minibasquet "As Rías”, e vencían ao CB Outes por 0-40.
Pola contra, os cadetes sucumbían na liguilla copeira ante LOs Rosales da Coruña por 71-41.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 22: Basket: O Dimolk Xiria venceu pola mínima ao ACB.
- Marzo 22: Basket: O cansanzo provoca derrota para o E.S. Bazarra Costa da Morte.
- Febreiro 22: Baloncesto: O ACB ES Bazarra caeu en Lugo tras un mal primeiro cuarto.
- Febreiro 22: Basket: As líderes do CB Laracha puideron co ES Bazarra.
- Basket: O COOK Terra Chá devolve a man ao ACB.
- Xaneiro 21: Basket: O ACB Costa da Morte-ES Bazarra acostúmase a gañar.
- Xaneiro 21: Basket: O ACB Bazarra fíxolle fronte ao CB Laracha a pesar das baixas por COVID.
- Decembro 21: Basket: O ES Bazarra ACB Costa da Morte comeza a gañar.