Luns. 20.05.2019
El tiempo

O Conco encherase para levar ao Volei Dumbría á máxima categoría do volei nacional

Presentación do Fase de Ascenso da Superliga 2
Presentación do Fase de Ascenso da Superliga 2
O Conco encherase para levar ao Volei Dumbría á máxima categoría do volei nacional

Venres, sábado e domingo, o Conco encherase de deporte de máxima calidade. A fase final da Superliga 2 de voleibol chega a Dumbría. Os 4 equipos que aspiran a ascender á máxima categoría do volei estatal citaranse en Dumbría.

Un evento que é un orgullo para Dumbría, para a Costa da Morte, como lembraron no acto da presentación José Manuel Pequeno, alcalde de Dumbría, e César Ferrío, presidente do Voleibol Dumbría, que estiveron acompañados por José Anxo Lúa, presidente da Federación Galega de Voleibol e Real Federación Española de Voleibol.

O formato é de liguilla, con 6 partidos, dous por xornada, e un ascenso por decidir. Un ascenso polo que de seguro loitará o cadro dumbriés, cumplindo a profecía do seu presidente, que o día do debuto do equipo sénior, hai 5 anos, dicía que “en 4 anos teremos SuperLiga no Conco”. Pode que se equivocase por un ano pero a cousa pode estar moi preto.

En todo caso, primeiro toca gañar e despois facer contas, que a categoría nacional non é “pecata minuta”.

Horarios

O venres 6 de abril, comezará o campionato. Cada día a entrada custa 2€, e o bono 5€. Estes son os horarios dos partidos:

  • Venres 26 de abril:
    - 18:00h: Voleibol Almoradí - Mediterráneo Castellón;
    - 20:00: Voleibol Dumbría - Emevé.
  • Sábado 27 de abril:
    - 18:00h: Mediterráneo Castellón - Emevé;
    - 20:00h Voleibol Almoradí - Voleibol Dumbría.
  • Domingo 28 de abril:
    - 10:00h: Emevé - Voleibol Almoradí;
    - 12:00h: Voleibol Dumbría - Mediterráneo Castellón.

Fase de Ascenso da Superliga 2 no Conco-Dumbria

Máis información

Novas relacionadas

 

Comentarios