Luns. 06.05.2024
El tiempo

Doble vitoria para a familia do Bm. Camariñas para estrear 2014

Doble vitoria para a familia do Bm. Camariñas para estrear 2014
O Bm. Camariñas caía e se lle escapa o título

Despedía o ano a familia do Balonmán Camariñas en clave atlética. E o comeza con bo pé, e unha complicada vitoria ante o Bm. Ribeiro tras unha gran remontada nun choque moi táctico.

Ademais en 1ª Feminina, o Bm. Camariñas fixo boa a diferencia na táboa e superou no derbi ao Goldie Xiria Carballo con comodidade.

1ª División Autonómica, xornada 7

  • Resultado: Bm. Camariñas – Bm. Ribeiro Viña Costeira (31-29)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Fary (2), Diego Alonso (2), Eusebio, Jaime, Ángel (3), Xabi (1), Borja (11), Fabio, Catalán (5), Perón (5), Damián, Antelo (2).

Intenso partido en O Areal, cunha vitoria moi traballada do equipo local. Unha vitoria moi técnica, xa que o adestrador local pediu sempre os tempos mortos despois de que os pediu o visitante, contrarrestando ben os cambios de xogo e marcou os tempos do partido facendo os cambios xustos para dar descanso aos xogadores clave, mentres que os de Ribadavia mantiveron ás súas figuras todo o partido, acusando o esforzo ao final do encontro, que foi cando o Camariñas culminou unha merecida remontada.

Empezou gañando o Boya cun 2-0 totalmente engañoso, para logo ir adiantándose en o marcador os visitantes grazas ás facilidades defensivas dos locais (19 goles encaixados no 1er tempo) os 5 últimos minutos do primeiro periodo foron fiel reflexo da floja defensa.
No 2º tempo cun parcial de 18-11 que conseguiu o Camariñas aos poucos, impoñendo o seu estilo de balonmano rápido cunhas transicións veloces, que foron afundindo fisicamente ao rival. Esperan poder manter esa liña de xogo no resto de os partidos.

O vindeiro sábado viaxarán a Porriño en busca de 2 puntos moi importantes.

1ª Autonómica Feminina

  • Resultado: Bm. Camariñas - Goldie Xiria (23 -10)
  • Bm. Camariñas: Karen (p), Mónica (6), Laura (4), Aida (7), Sara (1), Maria Oanes (1), Alicia (3). Tamén xogaron: Tina, Nerea (1), Vero, Cris Barreiro, Raquel Sande.

Vitoria fácil do cadro camariñán contra un Xiria que non encontrou o seu sitio en ningún momento. Gran partido en defensa das de Camariñas durante os 60 minutos, gran actuación da porteria que deixaron ó Xiria con 10 goles.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios