Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas non se descolga

O Bm. Camariñas non se descolga

Coa cabeza posta xa na 1ª San Silvestre Camariñá, o cadro conserveiro afrontou esta pasada fin de semana unha nova xornada da 1ª Autonómica, nun partido verdaderamente incerto, cun resultado moi curto que deixou 2 puntos no Areal e permite que o Bm. Camariñas siga tendo opcións de subirse ao tren da parte alta, pois queda 5º con 8 puntos, 4 por debaixo do liderato.

Pola súa banda, o Bm. Encaixe tivo un partido complicado, que as de Camariñas resolveron con moita dificultade xa que o equipo de Ourense mantivose no encontro ata os últimos 5 minutos.

E mentres, o Goldie Xiria fixo un bo partido diante dun rival de maior calidade e nos postos altos da táboa. Prantou cara en todo momento pero non puido manter puntos en casa.

1ª División Autonómica, xornada 6

  • Resultado: Bm. Camariñas - Atl- Novás (25-22)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (2), Fari (4), Eusebio, Jaime, Checho, Ángel (5), Xabi (4), Catalán (7), Dani, Perón, Damián (3), Antelo.

Iniciou o partido o Camariñas con moitas perdas de balóns que condicionaron o posterior devir do encontro. Balóns perdidos que impediron aos locais culminar contraataques, mantendo sempre aos visitantes dentro do partido, que se foron crecendo e aos poucos crendo que poderían levarse algo positivo de Camariñas

O Conservas Boya fixo o xusto e pouco máis para gañar un partido que en principio aparentaba fácil no que en case todo momento se mantivo cunha vantaxe de 3 ou 4 goles, pero que nunca se chegou a despegar definitivamente. Mesmo no ecuador da segunda parte chegaron os visitantes a poñerse por diante, metiendoles o medo en o corpo aos de Camariñas, que non esperaban que a resistencia visitante durase tanto tempo. Xusta vitoria, xa que si os locais xogaron mal, os visitantes nunca foron mellores.

O próximo fin de semana último partido do ano, en Vigo, ante un 6 do Nadal forte, ao que o Camariñas debe gañar si quere seguir aspirando aos postos altos da táboa.

1ª División Estatal, xornada 13

  • Resultado: CALVO XIRIA - SAR PLASTIC OMNIUM (27-19).
  • Calvo Xiria 27 (17+10): Iago [p], Ramón (1), Sergio (1), Martín (2), Javier (2), Manuel (3), Pablo (6) -equipo inicial- Zúpez [p], Calvete (2), Brais (2), Rubén (1), Chimpo (4), Alex Zas (3), Jorge.

Os seareiros carballeses fóronse achegando pouco a pouco ao Municipal Vila de Noia ata chegar a ser preto de 250. Remataba a primeira volta para o Calvo Xiria na 1ª Estatal e o facía na súa casa ante o SAR de Redondela, un vello coñecido da afección carballesa que ascendía este ano de novo á categoría de bronce do balonmán español e que transita pola zona media da táboa clasificatoria. O partido durou trinta minutos, os que tardou o conxunto local en acadar una diferenza de oito goles e deixar moi costa arriba a remontada para os redondeláns.

Os primeiros minutos foron de toma de contacto, con dous equipos un pouco fríos no inicio pero que a pouco que o balón se puxo en xogo, comezaron a amosar as súas respectivas armas. Nese intercambio foi o Calvo o que colleu vantaxe, amosándose con máis continuidade no seu xogo, tanto ofensivo coma defensivo. Durante os primeiros trinta minutos aproveitou á perfección os erros que cometeron os visitantes para ir abrindo unha diferenza, que xa sería definitiva. A seriedade en cada unha das accións locais deixou ben ás claras as gañas que tiñan os xogadores carballeses de borrar a decepción da derrota sufrida en terras pontevedresas a pasada xornada.

O partido converteuse pouco a pouco nunha festa para os seareiros carballeses, que tiñan desta volta unha dobre cita co balonmán, xa que logo de rematar o Calvo Xiria o seu partido disputaban as rapazas do Goldie Xiria a súa xornada ligueira. E co a asubío final párase unha competición na que o conxunto carballés está a acadar moi bos resultados e na que se mantén no máis alto da táboa clasificatoria. Agora, por mor do parón de Nadal, os verdibrancos seguirán cos adestramentos, máis non haberá competición ata o 11 de Xaneiro.

1ª Autonómica Feminina, 12ª Xornada

  • Resultado: Bm. Ouresen - Bm. Camariñas (26-33) (13-13).
  • BM. CAMARIÑAS: Karen (p), Mónica (13), Sara (7), Aida (6), Cris Sande (1), Cris Caamaño (1), Alicia (2). Tamén xogaron: Judith, Vero, Nerea, Tina (3), Raquel, Cris Barreiro.

Primeira parte na que as Camaroñas cometeron moitos erros en defensa e en ataque non conseguían situacións claras de lanzamento. Na segunda, con máis actitude que xogo conseguiron distancarse casi o final donde as de ourense nada poideron facer. Destacar o gran partido de Sande en defensa e Mónica en ataque.

O proximo encontro, que cerra a primeira volta, será este sábado en Camariñas contra o Bueu, que vén de empatar contra o Sar, 3* clasificado. Partido moi complicado que o equipo necesita todo o apoio da afección para rematar unha gran primeira volta.

1ª Autonómica Feminina, 12ª Xornada

  • Resultado: GOLDIE XIRIA - BM CASELAS (19-23) (10-13).
  • Marcador cada 5 minutos: /3-1/ /3-3/ /5-5/ /7-7/ /9-10/ /10-13/ /12-17/ /12-19/ /14-19/ /15-20/ /17-22/ /19-23
  • GOLDIE XIRIA 19 (10): Sara (Brenda) (p), María 2, Marta 6, Raquel 1, Adriana 1, Cris 6, Jessica (equipo inicial) Tamara 2, Isa, Lucía, Patricia, Sandra e Natalia 1.

O encontro empezou cun Xiria moi motivado que dobregou ao Caselas nos primeiros 20 minutos a base de boas combinacións de ataque e intensidade defensiva, o cambio a unha defensa máis presionante do Caselas, provocou pérdidas de balón nas locais que cedían ao descanso con ese 10 a 13.

Un Caselas máis asentado tomaba a máxima ventaxa a mitade da segunda metade, 12 a 19, pero a reacción do Goldie acompañado polo acerto de sara na portería poñía o resultado nun puño a falta de 3 minutos, 19 a 21. Un par de decisións arbitrais e as prisas decidiron un final de encontro con ese 19 a 23 para o Caselas.

A próxima semana o Goldie Xiria afrontará o seu derradeiro partido do ano frente da Sar de Redondela.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios