Martes. 01.12.2020
El tiempo

La Vuelta chega á Costa da Morte para disfrutala dende a casa

Preparativos para a etapa de La Vuelta no Ézaro-Foto-Rafa Quintans
Preparativos para a etapa de La Vuelta no Ézaro-Foto-Rafa Quintans
La Vuelta chega á Costa da Morte para disfrutala dende a casa

Non poderemos ver o Muro cheo de afeccionados como outros anos, pero La Vuelta xa está aquí. Será o día de velo pola tele (por TV a través de RTVE ou Teledeporte, en directo a partir das 13.40 horas), e disfrutar desas imaxes impresionantes da nosa comarca que percorrerán o planeta nunha das probas máis importantes do ciclismo internacional.

Hoxe os equipos viven unha xornada de descanso despois do martirio do Angliru, e este martes celébrase a 13ª etapa, a contrarreloxo entre Muros e o Alto do Ézaro. Unha etapa que pode ser, a falta de outras 5 máis planas, a decisiva para determinar o gañador desta edición de outono de La Vuelta 2020.

O Angliru deixou as cousas moi igualadas. A vitoria de Hugh John Carthy ratifícao na 3ª praza, por duante de Daniel Martin e do español Enric Mas, que o intentou e quedou ás portas dunha gran fazaña. O ata hoxe líder, Primo Roglic, cedía en meta 10 segundos ante o ecuatoriano Richard Carapaz, que se convertía no maillot vermello da xeral. Así, temos a cousa igualadísima, con 4 ciclistas (Carapaz, Roglic, Carthy e Martin) en apenas 35 segundos, con Mas a 1’50’’.

Datos

A etapa partirá de do porto de Muros, pero serán os 1,8 km do porto Mirador do Ézaro, de 3ª Categoría pero xa con sona internacional por esas rampas de case o 30%, o que determine as diferencias no crono.

O primeiro ciclista sairá do porto de Muros ás 13:33h (chegará ao Alto do Ézaro arredor das 14:15), e o último, o líder, Richard Carapaz, faro ás 16.39h, pechando a etapa ás 17:20.

Perfil da contrarreloj Muros-Ezaro

O dispositivo da Garda Civil tamén chama a atención. Nel participan motoristas da Agrupación de tráfico, pero tamén un equipo da Unidade de Helicópteros, unha sección do GRS, material móbil para os traslados, ademais das unidades territoriais por onde vai pasando. As forzas de seguridade califican o dispositivo como "un estadio circulando pola estrada (este ano sen apenas público)... Un estadio ou circuíto que se vai movendo ao ritmo dos ciclistas, cortando e abrindo estradas".

Os pros e os contras

Hoxe todos os hoteis da comarca colgaron o cartel de Completo. Mesmo houbo equipos que teñen que pernoctar na cidade da Coruña ou noutras zonas, pero a hostalería está de noraboa, e viven un pequeno alento nestes complicados tempos.

Porén, son varias as circunstancias que obrigan aos veciños a cambiar os seus hábitos estes días polo paso do pelotón. A máis importante o evidente peche da AC-552 dende o Ézaro ata Muros de 11:00 a 18:00h.

Xa dende o sábado ás 20:00h, a zona do Porto de Muros foi calificada como zona vermella e non se pode aparcar. O Concello pide aos veciños que utilicen o aparcamento da piscina e centro de saúde, do Pozo do Cachón ou do Parque empresarial. así como outras zonas como A Vouga, Ancoradoiro, ou San Francisco, onde non se poderá mover o coche o martes de 11:00h a 18:00h.
Para facilitar o tránsito o Concello organiza buses lanzadera dende o Parque empresarial cada 10 minutos a partir das 7:15.

Outra consecuencia é que non haberá cole en Carnota. A imposibilidade de acceder a recoller aos [email protected] obrigou á Xefatura Territorial a tomar esta complicada decisión por primeira vez, xa que estes últimos anos a proba sempre cae no verán. En Muros só hai cambios nalgunhas paradas do autobús.

Novas relacionadas

comentarios