Venres. 29.03.2024
El tiempo

A música e a literatura volve encher a Fundación Eduardo Pondal

A música e a literatura volve encher a Fundación Eduardo Pondal
Manuel Rivas ao compas do Ce Orquesta Pantasma na Fundacion Eduardo Pondal Quinta sesión, e quinto cheo no marco do XIX Simposio Pondaliano da Fundación Eduardo Pondal. Sábado ou mércores, non importa. A veciñanza do Couto e de toda a comarca de Bergantiños sempre responde ás actividades desta aldea global, e onte tocoulle corroboralo ao mesmo Manuel Rivas, que así de feliz bailaba, zapatos en man, ao son do Cé Orquestra Pantasma, unha das xoias musico-festexeiras do noso país.

Rivas estivo máis divertido ca nunca, e fixo da historia de “O raposo e a mestra” o argumento da súa intervención, só interrumpida polos aplausos dos asistentes.

Manuel Rivas e Ce Orquesta Pantasma

Pechou a sesión un dos nosos grandes músicos da zona, o ceense Fernando Fraga que presentaba o seu primeiro disco “Folcromías”. O director da Escola de Música de Cee sacou o acordeón e entonou varias das pezas do seu primeiro traballo en solitario, pero cómpre recordar que xa ten participado en moitos discos internacionais.

na Fundacion Eduardo Pondal

Programa do Simposio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios