Sábado. 05.10.2024
El tiempo

COVID: O Sergas convoca outro cribado para a mocidade, desta volta en Ponteceso

Grafica COVID Costa da Morte agosto 2021
Grafica COVID Costa da Morte agosto 2021
COVID: O Sergas convoca outro cribado para a mocidade, desta volta en Ponteceso

Se esta tarde o Sergas está desenvolvendo un cribado en Coristanco, mañá venres, de 15:30h a 20:30h toca en Ponteceso. O sergas anuncia o cribado entre a mocidade pontecesá polo que serán convocados por SMS 290 moz@s de entre 16 e 25 anos para facer un test PCR no Centro de Saúde.

O Concello confirma hoxe que son 21 casos activos de COVID-19, se ben os datosoficiais do Sergas de onte sinalan 18 novos casos detectados nos últimos 14 días e 12 na última semana, unha clara tendencia positiva con respecto a hai apenas 4 días.

No resto da comarca de Bergantiños a tendencia volve ser á alza tras varios días de contención. Son 57 novos casos detectados nos últimos 14 días máis que hai 4 días, superando a taxa de incidencia acumulada xa os 500 casos por cada 100.000 habitantes, cunha cifra algo maior que a media dos 19 concellos QPC.

No resto de comarcas mantense o número de casos, sendo un total de 641 xa (45 máis que o 1 de agosto), en toda a bisbarra.

Datos COVID Costa da Morte agosto 2021

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios