De Pondal a Díaz Castro, polas verbas de Xurxo Souto e os solpores de Xulio Barreiro
Menudos nomes propios cos que chega este ano o XIX Simposio Pondaliano. O Couto, coma sempre, respondeu ateigando a sala, un verdadeiro luxo que leva máis de 30 anos de traballo de canteira.
Había varios protagonistas onte, pero un dos destacados era o bo de Xurxo Souto, ese incombustible músico, escritor, locutor… e todo o que lle boten enriba, herculino, que adora a salgada Costa da Morte. O creador dos Diplomáticos de Monte Alto é unha auténtica enciclopedia andante, como o demostrou coa súa conferencia “A verde Erín”.
Falou tamén dos seus Contos do Mar de Irlanda ese recente libro co que percorreu a Costa da Morte falando de figuras como o cormelán Mourelle da Rúa ou o malpicán José Carrill.
De seguido, unha expedición do IES Xosé María Díaz Castro de Guitiriz compartiu as actividades que desenvolveron o curso pasado para homenaxear ao propio literato, protagonista este 2014 do Día das Letras Galegas. Foron moitos os camiños cruzados entre as obras de Pondal e Díaz Castro, e ao igual que acontece en Ponteceso, a celebración traspasou as lindes da escola, e foi todo o Concello o que celebrou a data.
Videoclips, poemas, cancións, obras de teatro… numerosas foron as actividades na vila lucense sobre o autor galego, deixando claro a necesidade de coñecer o propio patrimonio antes de ir coñecelo mundo. Unha idea básica para fomentar a cultura propia dentro da mocidade.
Unha exposición para disfrutar do solpor costeiro
As charlas estanse realizando na sala da Fundación Eduardo Pondal, onde os asistentes, ademais de escoitar aos poñentes, poden disfrutar ca Costa do Solpor de Xulio Barreiro. O fotógrafo coruñés, que gusta tanto da nosa “Costa da Vida”, expón na Fundación unha serie de máxicos solpores, que dan conta da beleza natural das nosas paraxes.
Poden visitala os días de actividades na Fundación e os sábados.
Programa do Simposio
Novas relacionadas
- A mocidade voluntaria do Couto levanta a man.
- 10-13: Do enorme traballo de canteira dende O Couto.
- O Couto refrenda a sintonía de Neira Vilas na Costa da Morte.
- A Aldea sostible do Couto salva ao rural mundial a base de cultura.
- A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
- O Couto, un experimento universitario para salvar ás aldeas de todo o mundo.
- Que facermos para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas?.
- A Fundación Eduardo Pondal é galardoada co V Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.
- Adrián Varela, da canteira do Couto: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).