Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Fin de curso de ópera e viaxeiro para o alumnado do IES Eduardo Pondal

Teatro no IES de Ponteceso
Alumnado de ópera do IES
Fin de curso de ópera e viaxeiro para o alumnado do IES Eduardo Pondal

Rematou o curso pero a semana foi moi intensa para a familia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso. O pasado 17 de xuño o salón de actos acollía a estrea para as familias da obra "Furacán de emocións" da compañía de ópera "Area Constelación “.

Esta ópera pertence ao Proxecto Lóva, promovido polo Teatro Real e o CAFI, e grazas tamén ás axudas do Contrato Programa "Emocióna-T" da Conselleria de Educación. “Convertemos toda a actividade da aula nun complemento do núcleo emocional, personal e colectivo, dende o primeiro ata o último día de clase, traballando as emocións”, explican dende o centro.

Viaxe

IES Eduardo Pondal de Viaxe

Paralelamente, o alumnado de 4º da ESO do IES Eduardo Pondal goza da súa viaxe de fin de etapa, unha viaxe multiaventura por Asturias e Cantabria na que farán kaiak, arborismo, senderismo polos picos de Europa e visitarán a capital astur así como o parque de Cabárceno, entre outros.

Ademais, o domingo 23 cambiarán as nosas cacharelas por lumeiros de prao en Ribadesella, para queimar as cousas malas deste curso e empezar así unha nova etapa completamente renovados e renovadas.

Máis novas

Comentarios