Novo fracaso no intento de consenso arredor do resucitado POS de Ponteceso

Imaxe dun pleno en Ponteceso

O caso do POS de Ponteceso é un deses misterios de difícil explicación. Malia ter anunciado dende o pasado mes de marzo que Ponteceso é único concello da Provincia que queda sen o Plan de Obras da Deputación , malia terse repetido ata a saciedade, acusándose uns políticos aos outros da responsabilidades, no pleno da semana pasada o alcalde, Lois Carballido, aseguraba que o Concello volver prazo, ata o 24 de xuño, para aprobalo Plan. Semella que, ao ser un caso illado, a Deputación quere intentar darlle saída.

Pero parece que os grupos políticos non están pola labor. Onte APIN convocaba unha reunión de portavoces. Acodían os voceiros de APIN e PP, os concelleiros non adscritos (ao non ter grupo municipal acodían en calidade de “auto-voceiros”) e acodía o alcalde e a concelleira e portavoz socialista, Noelia Varela. Os edís da oposición lembraron que se trataba dunha xunta de portavoces e que o alcalde, ao non ser portavoz, tiña que marchar. Pero Carballido non cedeu, dixo que se non estaba el non podían estar os non adscritos, polo que a oposición en bloque marchou.

Novo fracaso no intento de chegar a un consenso para salvar o millón de euros da Deputación.

Os voceiros da oposición reuníronse polo seu lado,coincindo en que “precisamos que a Deputación nos asegure que o POS que presentou Carballido se pode modificar. A nosa proposta xa a teñen alí, asi que agora o POS está no tellado do presidente Valentín González Formoso”, explica a concelleira non adscrita Raquel Fondo, que lembra que “non vou deixar de loitar polos veciños ata o final”.

“Parece que o Virrey de Ponteceso ten problemas ca democracia. O señor Lois non acata as decisions democráticas do Pleno”, denuncia o voceiro do PP Daniel García Cotelo.

”Liderar un equipo non é o seu, destrúe todo canto pasa ao seu arredor, é unha auténtica trituradora”, espétalle o voceiro de APIN, Xosé Manuel Verdes.

Novas relacionadas