Venres. 29.03.2024
El tiempo

Albíscase xa a moción de censura en Ponteceso

Pleno en Ponteceso
Albíscase xa a moción de censura en Ponteceso

Esta mañá de xoves 15 de abril, Jose Manuel Pose Verdes adiantaba na RADIO Xallas que a oposición pontecesá ten xa perfilada a moción de censura contra o alcalde Lois Carballido.

O acordo é claro dende hai tempo entre os grupos de APIN, PP e os 5 concelleiros non adscritos, e só falta concretar data para presentar o inevitable. Pero a realidade é que data aínda non hai, como nos confirma Raquel Fondo, a que posiblemente será a que se presentará como candidata á alcaldía.

”Levamos varias reunións os grupos da oposición, claro, porque todos temos claro esta situación ten que rematar polo ben dos veciños. De feito onte falar ca Secretaria, para analizar a situación, e o que queríamos é que o pleno lle dea para adiante, e que despois sexa o xuíz o que decida se é válida ou non”, explica. “Pero por agora non temos data concreta”, apunta.

Será o grupo non adscritos pois as que collan as rendas da moción, “como vemos lóxico e como nos pediron os outros dous grupos”, sinala, deixando claro que “queda pouco para que haia novidades. Ten que quedar pouco porque a onde imos así?”.

Pregúntase tamén polo PSOE, “un partido que nin está nin se lle espera, que non responden os nosos correos, cun silencio absoluto, que a, verdade, nos deixa desamparados”.

Conscientes do complicado que vai ser a aprobación da moción pola lei de Transfuguismo, consideran que teñen que dar o paso e que sexa a xustiza a que decida en función da situación de inestabilidade total que vive o Concello pontecesán.

Novas relacionadas

Comentarios