Martes. 19.03.2024
El tiempo

Novo audio de Carballido: “Ti dame os gastos, que eu xa consigo tíckets”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Lois Carballido, no despacho da alcaldía
Novo audio de Carballido: “Ti dame os gastos, que eu xa consigo tíckets”

Continún aparecendo misteriosas gravacións por Ponteceso. Despois do audio que non se puido escoitar no último pleno, chegou outro audio de xeito anónimo. Ao igual que aos concelleiros non adscritos Faustino Santiago, Salvador Eiroa e Ana Pérez en semanas anteriores, onte lle chegaba a un veciño pontecesán unha carta por correo ordinario que contiña un pendrive con este audio no seu interior.

No audio podemos escoitar ao alcalde Lois Carballido, explicándolle a alguén como xustificar determinados gastos: “Se ti me pasas unha relación dos gastos, eu consigo os tíckets, ti non te preocupes. Se non é tíckets é unha factura feita a man. Vou a tal restaurante ou a tal sitio de confianza e dígolle mira, faime estas facturas detes gastos por estes dispositivos”.

Consultando con avogados, neste audio de apenas un minuto o alcalde podería estar “cometendo presuntamente tres delitos diferentes: prevaricación, falsedade documental e tráfico de influencias”.

Novas relacionadas

Comentarios