Martes. 11.05.2021
El tiempo

Novo audio de Carballido: “O máis fácil e o máis lóxico é non renovar o convenio co GES”

O alcalde loubando ao GES
O alcalde Lois Carballido nunha intervención entre Protección Civil e o GES
Novo audio de Carballido: “O máis fácil e o máis lóxico é non renovar o convenio co GES”

Seguen as “Cloacas do Concello” agromando por Ponteceso. Esta semana foi unha veciña a que recibía nun sobre no seu buzón un pendrive cun novo audio relacionado co alcalde. Trala publicación do audio relativo á posible prevaricación na xustificación de gastos e outro que exculpa aos edís non adscritos dunha hipotética chantaxe, desta volta a gravación xira en torno ao GES.

Desta volta, a conversa gravada xira arredor do GES de Ponteceso. “Esa xente é un estorbo total para o Concello. 23 das 24 horas están de lorcháns total, non fan nada”. Así se refire o alcalde de Ponteceso, Lois Carballido, aos traballadores desta forza de seguridade, básica para toda a comarca de Bergantiños.

Unha situación de confrontación que vén de lonxe, cun conflito laboral, e persoal, que estivo enquistado moitos anos, se ben o servizo foi salvado inextremis en 2018 e coa situación laboral corrixida dende o pasado mes de xullo por unha sentenza.

Xa non é o primeiro desencontro coas forzas de seguridade, pois a Protección Civil xa amosou o seu rexeitamento ás “decisións unilaterais do alcalde”.

Novas relacionadas

comentarios