Venres. 07.05.2021
El tiempo

Un panfleto contra Carballido e unha colleita de sinaturas polo consenso na campaña eterna que vive Ponteceso

Panfleto sobre Carballido 1
Panfleto sobre Carballido 1
Un panfleto contra Carballido e unha colleita de sinaturas polo consenso na campaña eterna que vive Ponteceso

Parece que queda unha temporada de campaña continuada por Ponteceso. O clima de inestabilidade política é tal que os máis dous anos que quedan de lexislatura municipal se presentan moi longos, cunha parálise perfectamente exemplificada na perda do POS.

A pesar da vontade de cambio que teñen os 5 edís non adscritos que formaron parte do goberno socialista durante os primeiros meses de lexislatura, dos 3 edís do PP e dos 2 edís de APIN, semella que a moción de censura ten un procedemento complicado para ser validada, unha vez que a lei antitransfuguismo impide que os votos dos edís que formaron parte do goberno sexan válidos para sacar adiante unha moción contra o que foi o seu propio grupo.

De aí a situación de campaña continua que vive o Concello, con plenos retransmitidos que parecen mitines, gravacións e filtracións de vídeos a audios polas dúas partes, denuncias…

O último exemplo, o panfleto informativo que os edís non adscritos están enviando ás casas (a través da contratación do sistema de buzoneo de Correos) que leva por título “O que Carballido non conta”.

Panfleto sobre Carballido 2

Unha campaña polo consenso

Respresentantes de Somos mais de Ponteceso que Pondal na deputacion
Dous respresentantes de Somos máis de Ponteceso que Pondal na Deputación

Mentres, a agrupación de [email protected] Somos máis de Ponteceso que Pondal está meténdose de cheo na vida municipal. Os representantes da entidade mantiveron unha reunión co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, que lles ratificou a perda do POS, pero que abriu a porta a "alternativas excepcionais que pasan polo diálogo no Concello". De aí a súa intención de manter unha reunión con todos os grupos políticos.

Así mesmo está facendo unha recollida de sinaturas (nos establecimentos e a través de Change.org) para intentar "solucionar a vergonzosa situación do Concello de Ponteceso". Os Xurxo Souto López, Lorenzo Amado Dourado, Yago Fernández Duarte, Daniel Valle Pailos, Laura Amado Dourado, Sinaí Varela Lema e Sergio Fariña Corral fan un chamamento á veciñanza para presionar ao concello a que chegue a acordos

Respresentantes de Somos mais de Ponteceso que Pondal na deputacionCampaña de sinaturas de Somos mais de Ponteceso que Pondal

 

Novas relacionadas

comentarios