O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada


Esperado o primeiro derbi da tempada na Liga Provincial Partido correspondente á sexta xornada. E foi o Concello de Ponteceso o que demostrou a súa veteranía ante o filial do Fisober, acadando unha vitoria contundente.
Mentres, o choque do FSC Villa de Cee co Estradense foi aprazado.
Ademais, na 2ª Estatal, o Fisober fixo o sábado en Bilbao o mellor partido da tempada e a piques estivo de traerse algo positivo da súa visita o líder invicto Bilbo. Decidiron as galegas xogar de ti a ti as vascas o que faría o partido moito máis atractivo, a pesar de volver de baleiro a Galicia.
Liga Provincial, xornada 6

- Resultado: CONCELLO DE PONTECESO - FISOBER “B” F.S.F. (8-1).
- A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Ana, Alba, Carla, Laura, Zeltia e Bea.
- FISOBER B: Martina, Paula, Andrea, Tamara e Laura; tamén xogaron: Alejandra, Natalia, María Lijó e Anabel.
- Goles: 1-0.- Martina (min.7); 2-0.- Carmen (min.9); 3-0.- Laura (min.12); 4-0.- Martina (min.15); 5-0.- Carmen (min.18); 6-0.- Bea (min.23); 6-1.- Paula (min.24); 7-1.- Carmen (min.34); 8-1.- Carla (min. 48).
Xogábase este sábado en Ponteceso o esperado derbi costeiro. E pronto de se decantou, pois a primeira metade o Ponteceso, que dominou completamente o partido, pasou por encima o filial do Fisober e xa vencía por 6 a 0. Saíron presionando as de Barca e Curro ó equipo rival ata a pérdida do balón e intentando ter a posesión en todo momento. Os bos primeiros minutos de equipo fixeron que, no minuto 7, Martina adiantase ás locais no marcador tras unha boa xogada de Carla. O tanto fixo que as pontecesanas se viñeran arriba, tanto co xogo como animicamente e, ós dous minutos do primeiro gol, Carmen facía o segundo a pase de Laura.
Os dous goles rápidos provocaron que as vimiancesas se viñeran abaixo durante uns minutos e, en 10 minutos, o Ponteceso marcaba tres goles máis que poñían o marcador xa con 5-0 en 20 minutos de partido, cos tantos de Laura, Martina e Carmen despois dunha boa xogada individual. Nos últimos minutos da primeira metade tivo algunha ocasión o Fisober e nunha roubo de balón de Sandra, o Ponteceso poñía o 6-0 no marcador por medio de Bea no minuto 23. Respondía Paula un minuto despois cun bo tiro desde fóra da área que Salomé non era capaz de ataxar, e que abría o marcador para as visitantes. Chegábase ó descanso co 6-1 no luminoso.
Na segunda as locais afroxaron un pouco pero aínda así seguían dominando o partido e incluso erraron un penalti. A intensidade do partido baixara durante os primeiros minutos, pero as pontecesanas, con ganas de demostrar que están aí para loitar polos primeiros postos, volveron a xogar como na primeira parte e, no minuto 34, Carmen poñía o terceiro na súa conta particular para facer o séptimo gol para o seu equipo tras un bo pase en profundidade de Ana. Os minutos despois do gol foron de ataques contínuos das locais, que tiveron varias oportunidades de aumentar distancias no luminoso, como dúas que tivo Alba diante da portería e un penalti no minuto 44 que Martina lanza ó pao. Pero non todo iban ser erros e, a dous minutos do final do partido, Carla culminaba a súa boa actuación cun tanto despois dun rechace da porteria Anabel a un tiro anterior da propia Carla.
A infantil Paula Fandiño facía o gol da honra do filial do Fisober, o seu sexto esta tempada e o 18º do equipo co que como mal menor superan o número de goles da tempada pasada. Unha Paula Fandiño que xunto con Martina tiveron que deixar o partido con sendos golpes.

2ª División Estatal
- Resultado: BILBO - FISOBER F.S.F. (3-1).
- FISOBER: Eva, Patri, Nuria, Ana e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Myrella, Noelia e Inés.
- Goles: Chegouse co resultado de 0-0 o descanso ; 1-0 Ixone, 1-1 Nuria, 2-1 Aroa, 3-1 Ixone.
As locais mostráronse sorprendidas pola presión a toda pista das visitantes. Nos primeiros minutos non eran quen de superalas con facilidade. Aínda así a local Laura dispuxo dun tiro o pau o pouco de comezar o partido. O esforzo titánico que estaban a facer as da Costa tiña os seus froitos, o líder Bilbo non era quen de ler o partido e non chegaba coa solvencia que viña mostrando en partidos anteriores, tiñan un promedio de sete goles a favor por partido.
Enorme o esforzo de todas e cada unha das xogadoras do Fisober, dende a primeira ata a última, intensas en defensa e ataque, indo a buscar o rival a campo contrario. As ocasións máis claras do Fisober nesta primeira metade foron para Nuria e Inés que non atoparon o gol por moi pouco.
Así pasaban os minutos e o electrónico non se movía, a pesar de que os dous equipos gozaran de boas ocasións chegouse con cero a cero o tempo de lecer.
A volta de vestiarios o guión foi o mesmo , pero co paso dos minutos as da Costa comezaban a notar o esforzo e xa non creaban en ataque o mesmo perigo que na primeira metade e en defensa comezaban a recibir algunha ocasión máis. Con todo iso os minutos pasaban e as locais sufrían xa que non vían a maneira de adiantarse no marcador ante o gran partido que estaba a realizar o Fisober.
Ata que a doce para o fin por fin Ixone atopaba un oco e adiantaba o Bilbo no marcador. Pero pouco lle durou a ledicia xa que nese mesmo minuto a visitante Nuria aproveitaba a súa oportunidade para poñer a igualada de novo no marcador.
Así se entraba nos últimos dez minutos do partido, cun partido con empate a un e con dous equipos deixando todo sobre a pista.
A oito para o fin unha xogada chea de rexeites deixoulle un balón a Aroa que puxo o dous a un a favor das locais.
As forzas do Fisober fraqueaban ante o esforzo realizado pero seguían sen rendirse, buscando a súa oportunidade para levarse algún punto de volta a casa.
O partido case finou a tres para o fin cando de novo Ixone marcaba para por o definitivo tres a un no electrónico. Xa non foi quen de atopar o gol o Fisober e así se chegou o fin do partido.
A pesares da derrota o Fisober vendeu moi cara a súa pel, e amosou que se as súas xogadoras saen concentradas e o deixan todo son capaces de complicarlle o partido incluso o mellor equipo da Liga.
Vindeira xornada
- Liga Provincial:
- C.D. Mabegondo - F.S.F. Villa de Cee: 23/11/2013 ás 20:00 no Pabellon de San Marcos.
- BeArt 5 Coruña F.S. - Concello de Ponteceso F.S.F..
- Fisober F.S.F. "B" - C.D. Portosín.
Máis información
Novas relacionadas
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
- Nota de prensa do Fisober e do Ponteceso FSF.