Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Ponteceso sacou á rúa os 92 zapatos vermellos polas mulleres asasinadas neste 2023

25N en Ponteceso 2023 2
Ponteceso sacou á rúa os 92 zapatos vermellos polas mulleres asasinadas neste 2023

Ademais das citas de Cee coa Buserana e de Carnota con Sonlilá, o terceiro evento convocado pola sociedade civil este sábado 25 de novembro foi en Ponteceso da man do colectivo Feminismo en Pé.

Foi no mediodía do sábado cando arredur dun cento de persoas se reunían na praza de Ponteceso, xuntando unha marea de zapatos vermellos, que lembraron á iniciativa das zoquiñas vermellas que a Olería de Buño quixo emular dos orixinais “Zapatos Rojos” de Elina Chauvet.

Singular imaxe dos zapatos no chan da praza cada unha cun nome das mulleres asasinadas.

Dende Ponteceso fixeron fincapé en que as contas oficiais sinalan que son 52 as mulleres asasinadas no que vai de ano, mentres que os colectivos sociais aseguran que son xa 92, pendentes aínda de sumar a vítima de Porriño.

25N en Ponteceso 2023 5

25N en Ponteceso 2023 3

25N en Ponteceso 2023

Máis novas do 25N

Comentarios