Simposio Pondaliano: Nomes propios que salvan aldeas
Xurxo Souto, Manuel Ferreiro, Rosa Aneiros, Fina Casalderrey, Cristina Abelleira, Fernando Fragam Xelucho Abella, Josinho da Teixoeira, Manuel Rivas… Nomes propios, nomes que só pode achegar á Costa da Morte a brava aldea do Couto. A Fundación Eduardo Pondal prepara xa o XIX Simposio Pondaliano, unha desas citas pensadas para manter viva unha Aldea en pleno século XXI a base de cultura.
Serán 7 citas durante o mes de novembro, con conferencias relacionadas co mundo da literatura galega, pero tamén con experiencias interesantes de diferentes centros de ensino da zona, como o roteiro literario do IES Urbano Lugrís de Malpica, ou mesmo do IES de Guitiriz.
Haberá tempo tamén para a música. Cé Pantasma, o home orquestra, xa unha lenda das festas populares galegas, acompañará a Manuel Rivas na súa charla, nunha xornada que rematará coa presentación do novo disco do músico ceense Fernando Fraga, Folcromías, i é que non hai que marchar moi lonxe para atopar grandes mestres (que llo digan á Rexoubeira de Bergantiños) nin atopar exemplos de boas prácticas.
Programa do XIX Simposio Pondaliano
- SÁBADO,1 NOVEMBRO 2014. Ás 17.00h. CONFERENCIA: Manuel Ferreiro, "Perfil biográfico de Pondal”.
- MÉRCORES, 5 NOVEMBRO 2014. Desde as 18.00h.
- CONFERENCIA: Xurxo Souto, "A verde Erín”.
. EXEMPLO DE BOAS PRÁCTICAS LITERARIAS: IES de Guitiriz, "O ano de Xosé María Díaz Castro”. - MÉRCORES, 12 NOVEMBRO 2014. Desde as 18.00h.
- CONFERENCIA: Rosa Aneiros, "A literatura galega actual”.
- EXEMPLO DE BOAS PRÁCTICAS LITERARIAS: IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, “Roteiro literario ‘As aventuras de Pelusa’ de Xelucho Abella Chouciño”. - SÁBADO, 15 NOVEMBRO 2014. Ás 17.00h. COVA CÉLTICA: “Presentación de libros da Costa da Morte”.
- MÉRCORES, 19 NOVEMBRO 2014. Desde as 18.00h.
- CONFERENCIA: Fina Casalderrey, "A literatura infantil e xuvenil en Galicia”.
- EXEMPLO DE BOAS PRÁCTICAS LITERARIAS: Cristina Abelleira, "Asunción Antelo: A Rexubeira de Bergantiños”. - MÉRCORES, 26 NOVEMBRO 2014. Desde as 18.00h.
- CONFERENCIA: Manuel Rivas, "A raposa e a mestra". Acompañamento musical a cargo de Cé Pantasma.
- EXEMPLO DE BOAS PRÁCTICAS MUSICAIS: Fernando Fraga Traba, "Folcromías”. - SÁBADO, 29 NOVEMBRO 2014. Ás 17.00h. NON DES A ESQUECEMENTO: Josinho da Teixoeira, “Obradoiro de regueifa”.
Novas relacionadas
- A mocidade voluntaria do Couto levanta a man.
- 10-13: Do enorme traballo de canteira dende O Couto.
- O Couto refrenda a sintonía de Neira Vilas na Costa da Morte.
- A Aldea sostible do Couto salva ao rural mundial a base de cultura.
- A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
- O Couto, un experimento universitario para salvar ás aldeas de todo o mundo.
- Que facermos para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas?.
- A Fundación Eduardo Pondal é galardoada co V Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.
- Adrián Varela, da canteira do Couto: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).