A FEDANPA trae o Encontro de ANPAS Galegas á Costa da Morte


Da relevancia a nivel galego da Federación de Anpas da Costa da Morte (FEDANPA) xa temos falado. E hoxe o volvemos cromprobar sabendo que o II Encontro de Anpas Galegas vaise realizar o 24 de maio en Vimianzo.
Este é o segundo encontro de ANPAs que se realiza a nivel galego, no que participan todas as federacións de Anpas Galegas. O primeiro tivo lugar na cidade de Lugo, organizado pola federación provincial de Anpas de Lugo (a federación de ANPAs máis grande de Galicia) coa colaboración da diputación provincial.
Neste II encontro, artellado polas ANPAs da Costa da Morte, estarán presentes ademais representantes das diversas federacións de ANPAs onde, ademais da xornada de formación para asociacións - como se debe realizar a xestión nas ANPAs de centros de Ensino Público Galego - debatirase a situación do Ensino Público a nivel comarcal e galego.
A xornada arrincará ás 10:45 e contará con unha explicación da necesaria existencia da Confederación de Anpas Galegas, a cargo do presidente da Confederación. De seguido falarase da Xestión nas ANPAs (lexislación, funcionamento, normativas,...) a cargo da secretaria de Anpas Galegas e antes de comer tratarase un dos temas quentes a nivel político en materia educativa: A LOMCE e a súa aplicación práctica no Ensino Público, a cargo dunha membro da federación de Anpas da Costa da Morte.
Unha tarde lúdica
Trala posta en común, xantar e descanso, a tarde, xa máis lúdica, arrincará repasando un pouco da historia de Vimianzo na realidade galega con visita ao Castelo, cunha duración aproximada de 50 minutos coin algo de teatro da man dos Quinquilláns, e cun paseo polo Castelo.
De seguido poderán disfrutar dunha charla sobre o “Roteiro pola Costa da Morte, a costa da vida”, viaxando dende os Penedos de Pasarela a Cabovilán e de Fisterra ao Olimpo Celta.
I é que xa que veñen de toda Galicia, polo menos que leven un bo sabor de boca.
Novas relacionadas
- A Fedanpa celebrou o seu primeiro ano de vida cos premios Rosalía e Werto.
- 20-04-13: Os estudantes da Costa volven dicir non á LOMCE.
- Coa ANPA Alén de Corcubión, a Fedanpa integra a todas as Anpas da Costa.
- A Fedanpa esixe a volta ao sistema de préstamo universal dos libros de texto.
- Un camión de tapóns solidarios dende a Costa da Morte para Matías.
- As rúas de Carballo cambian coches por nenos.
- A Fedanpa considera os orzamentos da Xunta como un paso na privatización.
Máis novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
- A comunidade educativa e cultural prepara a gran folga do 24O.
- Un peregrinación ata a fin da terra polo ensino público no rural.
- O Camiño, do revés, polo ensino público.
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
Fonte
- Fedanpa.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).