APTCM convoca ó sector turístico da Costa da Morte


Momentos importantes os que vive o sector turístico da Costa da Morte. E por iso, a nova directiva da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte APTCM quere reunirse con tódolos protagonistas do turismo da bisbarra.
Faino convocando a todo o mundo a unha Asemblea Informativa a socios e non socios, que se celebrará o vindeiro mércores 17 de decembro na Casa da Cultura de Vimianzo ás 18:00 horas.
O obxetivo da reunion é presentar a directiva da Asociación e presentar os plans para constituir un único ente turístico para coordinar o sector. Deste xeito, ademais da presentación da nova xunta directiva, tratarase un tema fundamental, a situación da CMAT, Costa da Morte Asociación Turística, ou o que vén sendo equivalente ao Consorcio noutras zonas, o chamado a ser o interlocutor único entre o sector costeiro e a administración pública.
A día de hoxe xa son 9 os concellos que asinaron a adhesión ao ente, pero cómpre lembrar que o Xeodestino Costa da Morte está formado polos 17 concellos das comarcas de Fisterra, Soneira, Bergantiños e os concellos de Carnota e Mazaricos.
"Todos somos importantes e necesarios. Non só hoteis, albergues, casas de turismo rural, restaurantes, bares... todos aqueles que pensen que a súa empresa ou negocio pode mellorar cun turismo organizado deberían vir este mércores a vimianzo”, comenta Pablo Canosa, presidente de APTCM.
Incide tamén en que "Non podemos esperar a que nos veñan a dar as cousas feitas. Hai que dar un paso adiante. Todos xuntos!”.
Novas relacionadas
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- Deputación e Concellos danlle un impulso ao CMAT.
- Os Concellos apuntan ao CMAT.
- Pablo Canosa: Levamos 10 anos de retraso e por iso fai falta o CMAT.
- Radiografía da Neria por unha ex traballadora.
- A Neria, en quebra.
- A APTCM cambia a directiva e centra a súa acción na posta en marcha do CMAT.
- O Camiño dos Faros espállase por Londres.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- 26-03-14: A APTCM aprobou a súa integración no CMAT e a renuncia do seu presidente.
- A Xunta recoñece ao CMAT como único interlocutor para o turismo na Costa da Morte.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- A Costa da Morte segue lonxe dos primeiros destinos de Galicia.
- 30-12-13: Presentado o ente turístico que xestionará o xeodestino Costa da Morte.
- 20-12-13: CMAT: En marcha o ente que unirá o turismo na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).