Asalto ao Castelo: Recta final


Xa non queda nada. Os preparativos, listos; os pinchos, na mesa; os actores, preparados; a vila engalanada. Todo listo para a Revolta Irmandiña, para que os irmandiños batan cos nobres no XVII Asalto ao Castelo de Vimianzo. As A.X. Cherinkas e A.X. Axvalso xa teñen todo arranxado para o evento máis esperado dos vimianceses e hoxe xa se deu o pistoletazo de saída cos pinchos irmandiños como protagonistas.
A Semana Cultural encheu de color e de historia a vila, e de aquí endiante chega o grande. De feito, exitosa e máis que interesante foi a visita guiada con Manuel Vilar ao Castelo de Vimianzo. Ou ás Torres de Martelo? I é que o historiador costeiro explicou a historia deste nome, que vén do Marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro, Evaristo Martelo Paumán del Nero.

Os pequenos tamén foron protagonistas cunha serie de Talleres Medievais que os deixaron cheos de barro.

Pinchos Irmandiños
Agora queda o mellor, coma a V Ruta dos Pinchos Irmandiños, que xa corren polos 15 establecementos que colaboran coa ocasión. Todos estes manxares están elaborados con alimentos da época. Os horarios serán de 11.30 a 14.30 e de 19.00 a 23.00. Non esquezades a procesión da Santa Compaña de pincho en pincho este mesmo xoves á noite!

III Cea Medieval
Na noite do venres, máis de 400 comensais se reunirán no foxo do Castelo para gozar dunha cea ambientada na época. O éxito desta, fixo que as entradas se remataran ó cuarto día de poñelas á venda, mais este ano a festa abrirase ao público a partir da 1.30 da mañá para que todos bailen ao son de Muxarega.
II Feira artesanal
O sábado, día forte da festa, as rúas da vila estarán cheas de espectáculos para pequenos e grandes. Os pinchos continúan, mentres na praza do Concello máis de 25 postos de artesanía galegos e de fóra da comunidade recrearán un verdadeiro mercado medieval.
Asalto ao Castelo

Os esforzos deste ano pola mellora do festival serán notables. Mentres a representación estará chea de música e humor debido ao alcolismo da antiga vizcondesa, os membros do público irán entrando pouco a pouco nos seus papeis de irmandiños. “O soldado Fénix. A reconstrución” animará ao público a involucrarse máis que nunca na batalla de globos no foso do castelo. Mais, para aqueles que non queiran mollarse ou non cheguen a atopar un bo sitio, a organización instalará pantallas para que ninguén se perda a historia irmandiña deste ano.
O espectáculo non só se baseará nas dotes artísticas dos participantes, senón tamén nas melloras de son e iluminación, sen esquecer os impresionantes fogos de artificio á hora de derrubar o castelo.
Na noite, o público gozará das actuacións da Requinta da Laxeira e de Budiño antes do Asalto, e de La Pegatina e o Sonoro Maxín posteriormente.

Máis información
- Máis info: Programa Completo do Asalto ao Castelo 2012.
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
Novas irmandiñas
- 10 citas festivaleiras para este verán na Costa da Morte.
- Unha viaxe pola historia irmandiña a través do Asalto.
- O Teatro du Cherinkas ponse de cine para promocionar o Asalto.
- Os Irmandiños xa teñen cartel e actores para Asaltar o Castelo.
- O Pleno vimiancés pedirá que Asalto sexa Festa de Interese turístico.
- Unha Gala-Casting para escoller aos Irmandiños que asaltarán o Castelo.
- Os Irmandiños comezan a preparar o Asalto ao Castelo 2012.
- Os colaboradores de QPC tomaron a palabra coa participación da Cherinkas.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2011: A artesanía irmandiña.
- Asalto 2011: A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Máis novas festivaleiras
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).