CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte
Tras unha longa carreira, por fin a Costa da Morte ten o seu ente de xestión turística, unha esixencia da Xunta e a Deputación para comezar a promocionar, con xeito, o noso Xeodestino. Un ente con participación, por parte da APTCM (a nova directiva formada hai case un ano foi a gran promotora), e con participación pública, os concellos, que apoiaron unanimente a creación.
Así o rubricaron onte na asemblea constituínte celebrada en Vimianzo, na que a patronal, como promotora, se louba de poñer en marcha, en prazo este “Costa da Morte Asociación Turística” (CMAT), o que, como dicimos, será o interlocutor único coas administracións.
Por parte pública, rubricaron o seu apoio os Concellos de Camariñas, Carballo, Cee, Dumbría, Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo, se ben son os concellos que xa tiñan levada a pleno a súa adhesión, pero están confirmada a presencia de 14 dos 17 concellos que forman o Xeodestino. Queda pendente a de Carnota, Corcubión e Coristanco, que por razóns orzamentarias decidiron non unirse polo de agora.
Toca agora levar xa os proxectos, nos que a patronal xa ten traballado nestes últimos meses de vertixe (recoñecen que esta é a época pois en temporada alta non poden adicar tanto tempo a estas cuestións fóra dos seus establecimentos) , á Xunta e á Deputación, das que xa teñen o compromiso. O caso é que a Deputación pecha as partidas orzamentarias o 21 de marzo, mentres que a Xunta faino o 30, polo que urxe a presentación deses proxectos. Contan con poder iniciar o primeiro curso cun orzamento cercano aos 200.000€, dos que unhas tres cuartas partes poderían corresponder ás partidas de Xunta e Deputación.
Todo cunha mesma idea: promocionar o Destino Costa da Morte, en clave comarcal deixándose dos históricos localismos minifundistas.
Novas relacionadas
- Solpor abrirá unha oficina en Santiago sobre o Camiño a Fisterra-Muxía.
- O PP provincial apoia o Xeodestino Costa da Morte.
- Piden unha auditoría das contas da Neria.
- Ata a Deputación denuncia as débedas da Asociación Neria.
- A Costa da Morte, por parroquias, moi presente na FITUR.
- O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- A Costa da Morte entende a necesidade do CMAT.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- Deputación e Concellos danlle un impulso ao CMAT.
- Os Concellos apuntan ao CMAT.
- Pablo Canosa: Levamos 10 anos de retraso e por iso fai falta o CMAT.
- 26-03-14: A APTCM aprobou a súa integración no CMAT e a renuncia do seu presidente.
- A Xunta recoñece ao CMAT como único interlocutor para o turismo na Costa da Morte.
- 30-12-13: Presentado o ente turístico que xestionará o xeodestino Costa da Morte.
- 20-12-13: CMAT: En marcha o ente que unirá o turismo na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).