Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Nadal vimiancés concilia en clave de arquitectura

CONCILIA NO NADAL-Vimianzo 2022
O Nadal vimiancés concilia en clave de arquitectura

Mentres contan as horas para a apertura da pista de Xeo, por Vimianzo tamén fal cálculos sobre que facer coas criaturas en tempos de vacacións escolares.

Novamente no marco do proxecto a “A vila do mañá”, chega esta aposta lúdico educativa que se desenvolverá do 26 ao 30 de decembro. É totalmente de balde.

A actividade contará cun total de 40 prazas e as inscricións poderán facerse na Casa da Cultura ata o 16 de decembro, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Ten como obxectivo avaliar e recuperar a identidade dos seus pobos e cidades. O reto principal deste proxecto é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura.

Outras propostas do Nadal

Comentarios