O alcalde de Vimianzo lembra que PP e PSOE están en contra da moción
Tras coñecer mellor como vai eso da moción de censura con Domingo Guerra, seguimos pendentes do Concello de Vimianzo e do posible cambio de goberno. Hoxe volve ser o alcalde vimiancés, Manuel Antelo, o que levanta a voz para indicar que "a moción de censura non pode prosperar porque hai dous tránsfugas, e así o vén de reiterar o PSOE a través dunha nota oficial pedindo que non actúen no seu nome porque están fóra do partido, como o demostra un auto xudicial".
Apunta ademais que "tamén o PP de Vimianzo acaba de manifestarse en contra da moción de censura e de desautorizar os dous concelleiros do PP que aparecen como asinantes". “Estamos á espera de que o PP de Galicia cumpra a palabra de expulsalos, tal e como anunciou publicamente, pois os concelleiros do PP que subscriben a moción son tránsfugas de feito á vista das declaracións do PP de Vimianzo”, di Manuel Antelo “é ben sabido que detrás desta moción só hai intereses espúreos e particulares para tratar de volver ao Concello e levar a Vimianzo á situación anterior”.
Exemplos
Lembra o alcalde que "a sentenza que acaba de saír no concello valenciano de Benidoleig vén de confirmar o carácter ilegal da moción de censura de Vimianzo. Neste concello viviuse un proceso similar con tránsfugas nunha moción de censura que unha sentenza acaba de anular seguindo os mesmos argumentos que vén empregando o goberno municipal de Vimianzo. Na localidade de Orihuela acaba de darse outra situación similar á de Vimianzo, a moción de censura tampouco prosperou coa dilixencia negativa do secretario municipal ao non reunir os requisitos do Artigo 197 da LOREG".
Así, Manuel Antelo confía en que "se estimen todos os recursos e non se convoque o pleno para tratar unha moción ilegal e para que non se cometa un delito por parte dos censores, tal e como veñen anunciando publicamente, desprezando a lei e, o que é máis importante, desprezando a vontade popular tratando de botar fóra un alcalde apoiado polo pobo".
Novas relacionadas
- Domingo Guerra: Cuestión de confianza e moción de censura.
- 07-08-13: O BNG da Costa da Morte denuncia que o pacto antitransfuguismo impide a moción de censura de Vimianzo.
- 05-08-13: O grupo de goberno vimiancés estudia a legalidade dunha nave do líder do grupo censor.
- 02-08-13: O alcalde de Vimianzo recurrirá a sentenza xudicial que abre ás portas a unha moción de censura.
- 01-08-13: Vimianzo volve estar pendente dunha moción de censura.
- 06-03-13: Antelo: “Non haberá moción de censura”.
- 04-03-13: Conmoción en Vimianzo ante a moción de censura e expulsados os 4 edís de PP e PSOE.
- 02-03-13: Moción de censura en Vimianzo.
- 24-07-12: A nova Xestora do PP de Vimianzo non apurará unha moción de censura.
- 31-10-11: Vimianzo segue en plena combustión política.
- 24-10-11: Parón en Vimianzo á espera dunha moción de censura.