Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Asalto lava a cara

O Asalto lava a cara
Voluntarios irmandinos pintaron o galpon do campo da festa-Foto-Asalto Ben saben os organizadores a importancia da posta en escena. E así coidan unha das representacións teatrais máis auténticas de toda Galicia, onde os actores irmandiños son os propios veciños pero cunha serie de ensaios dirixidos por un auténtico profesional. O caso é que todo Vimianzo, alomenos, toda a escena na que ten lugar a festa, ben pareza. E precisamente, no campo da festa, o enorme galpón que serve durante o ano para aparcar os camións do lixo, e durante o verán para gardar os enseres irmandiños, necesitaba un lavado de cara. Voluntarios da vila quedaron esta pasada fin de semana, e subiron ao andamio para pintar de branco, e eliminar así o gris cemento que tan brusco quedaba. E veremos se non hai máis sorpresas, pois a idea é facer un mural pero haberá que ver se dá tempo para esta edición, pois "o tempo non dá tregua..." como recoñecen os apurados organizadores. Ademais, xa podemos ver a estradas engalanadas cos carteis, e aló subiron na grúa os Óscar Santos e Javi Jemisa, pluriempregados nesto do Asalto, para colocalas. A outros, enmascarados, tocoulles cubrir de carteis a bisbarra. Todo para que Vimianzo estea ben xeitoso o día da festa e animando a toda a vila a participar no Concurso de Fachadas. Engalando Vimianzo cos carteis do Asalto

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Fonte

Comentarios