O Asalto lava a cara
          
    09:20 18/06/13 
            
Ben saben os organizadores a importancia da posta en escena. E así  coidan unha das representacións teatrais máis auténticas de toda Galicia, onde os actores irmandiños son os propios veciños pero cunha serie de ensaios dirixidos por un auténtico profesional.
O caso é que todo Vimianzo, alomenos, toda a escena na que ten lugar a festa, ben pareza. E precisamente, no campo da festa, o enorme galpón que serve durante o ano para aparcar os camións do lixo, e durante o verán para gardar os enseres irmandiños, necesitaba un lavado de cara.
Voluntarios da vila quedaron esta pasada fin de semana, e subiron ao andamio para pintar de branco, e eliminar así o gris cemento que tan brusco quedaba. E veremos se non hai máis sorpresas, pois a idea é facer un mural pero haberá que ver se dá tempo para esta edición, pois "o tempo non dá tregua..." como recoñecen os apurados organizadores.
Ademais, xa podemos ver a estradas engalanadas cos carteis, e aló subiron na grúa os Óscar Santos e Javi Jemisa, pluriempregados nesto do Asalto, para colocalas. A outros, enmascarados, tocoulles cubrir de carteis a bisbarra.
Todo para que Vimianzo estea ben xeitoso o día da festa e animando a toda a vila a participar no Concurso de Fachadas.
Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
 - www.facebook.com/asaltoaocastelo.
 - Axenda Sonora da Costa da Morte.
 - Axenda Costa da Morte.
 
Novas relacionadas
- O Asalto cobra a súa Vinganza cun novo vídeo-promo.
 - Irmandiños, preparen armas!.
 - O Asalto ao Castelo 2013 arrinca con cartel, historia e elenco.
 - O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico.
 - O Asalto quere encher de cor a vila co Concurso de Fachadas.
 - Os pinchos irmandiños e a feira artesanal botan a andar o XVIII Asalto ao Castelo.
 - Asalto irmandiño aos institutos de Vimianzo.
 - 23-05-12: O Pleno vimiancés debatirá solicitar que o Asalto sexa Festa de Galicia de Interese Turístico.
 - O Asalto quenta motores para este 2013.
 - Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
 - Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
 - Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
 - Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
 - Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
 - Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
 - Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
 
Novas festivaleiras
- Música, surf e… Razo.
 - Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
 - A música ghalegha daghora está “On the road”.
 - 9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock.
 - O Asalto ao Castelo de Vimianzo xa ten cartel.
 - Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013.
 - O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).