Martes. 15.06.2021
El tiempo

SEA e Goberno central reiteran que a conexión do Polígono de Vimianzo coa Autovía é responsabilidade da Xunta

Mapa do novo treito da Autovia Costa da Morte entre Santa Irene e Vimianzo
Mapa do novo treito da Autovia Costa da Morte entre Santa Irene e Vimianzo
SEA e Goberno central reiteran que a conexión do Polígono de Vimianzo coa Autovía é responsabilidade da Xunta

Pasan os meses e nada sabemos da nova fase da Autovía, xa corredor, da Costa da Morte. Os 5,5km entre Baio e Vimianzo, anunciados hai máis dun ano seguen sen albiscarse, mantendo aínda sen resolver a problemática creada sobre a conexión co polígono de Vimianzo. Xunta e Goberno central levan un ano lanzándose os balóns ao tellado contrario sen chegar a un acordo.

Hoxe, nunha reunión mantida pola Xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo e a subdelegada do goberno central Pilar López-Rioboo, reiteraban “a necesidade de que a Xunta de Galicia acometa o enlace co polígono industrial de Vimianzo desde a futura Vía de Altas Prestaciones prevista como prolongación da Autovía da Costa dá Morte AC-432”.

Lembran que xa en xuño de 2020 “SEA xa presentou alegaciones ao proxecto, debido a que a titularidade sobre a Autovía da Costa dá Morte e a súa prolongación, ao non constar que forme parte da Rede de Estradas do Estado nin ter condición estatal, é autonómica”.

Novas relacionadas

comentarios