Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A 38ª edición da Carballeira de Zas terá que esperar

Foliada Carballeira 2018 copia
Imaxe da foliada da Festa da Carballeira 2018
A 38ª edición da Carballeira de Zas terá que esperar

Analizabamos a semana pasada como están formulados os festivais da comarca a día de hoxe. Eran varios os que estaban pendentes da evolución da pandemia, entre eles a Festa da Carballeira de Zas.

Lamentablemente, a organización vén de decidirse, anunciando a cancelación desta 38º edición do festival,”A situación sanitaria actual sigue sen permitirnos garantir a seguridade de todas as persoas participantes no festival (voluntarios, artistas, técnicos, provedores e público) e por tanto tomamos a decisión de non celebrar a festa tampouco este ano”, explican.

”Novamente, tomamos esta decisión dende a responsabilidade, con todos os participantes, maiores e mozos, que queremos que poidan desfrutar de esta festa coas máximas garantías e sen preocupacións. Agardamos que no ano 2022 poidamos voltar para celebrar a 39 edición coma nunca! cargados de enerxía e moitas ganas de festa!”, sinalan invitando aos vindeiros 5 e 6 de agosto de 2022.

Outras novas de música

Comentarios