As promesas do tenis de mesa zaense sufriron sendas derrotas en Cambre


Precisamente, foi o Cambre Promesas o que endosou unha dobre derrota aos equipos filiais da familia do Anorthosis na 3ª galega. Os da 2ª aprazaron os encontros frente ao Club del Mar pois unha das súas xogadoras está coa selección galega nun torneo en Cataluña, así que a atención centrouse nos equipos do Gaiteiro, que prantou batalla, e no Pinar, que non puido facer nada.
3ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Cambre Promesas (2-5) / (11-17).
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Cambre Promesas (0-7) / (2–21).
Non mereceu perder o Concello de Zas O Gaiteiro xa que Andrés Bouzas dispuxo de varias bolas para gañar os seus partidos e que ao final perdeu por 3-2. Fran Otero gañou os seus partidos individuais, facendo valer a súa veteranía.
No outro encontro pouca historia, xa que como reflexa o resultado a superioridade dos de Cambre foi clara.
Vindeira cita
O Sábado 2 de febreiro de 2013 hai os seguintes partidos:
2ª división galega grupo centro en Lalín:
- 16'00 h - CTM Lalín “B” - Anorthosis Vimianzo;
18'30 h. - Escola Lalín - Anorthosis Vimianzo.
3ª división galega grupo noroeste no ximnasio do CPI de Zas:
- 16'00 h. - Concello de Zas O Gaiteiro – Hípica Coruña “B”;
- 18'30 h. - Concello de Zas O Pinar - Hípica Coruña “B”.
2ª nacional femenina en Cangas do Morrazo:
- 15'30 h. - Aluminios Xeal de Zas – Oroso TM;
- 16'45 h. - Aluminios Xeal de Zas – Cinania (Cangas);
- 18'00 h. - Aluminios Xeal de Zas – Cambados;
- 19'15 h. - Aluminios Xeal de Zas – Monte Porreiro (Pontevedra).
Novas relacionadas
- Anorthosis e O Gaiteiro amosan a súa superioridade nos derbis zaenses.
- O Anorthosis colle ritmo e pensa no ascenso.
- Anorthosis e Aquacénit empatan na 3ª praza.
- O Concello de Zas Auacénit ascende á 4ª praza.
- Pleno esperado para a familia Anorthosis.
- Anorthosis e Aquacénit suman pero ao Gaiteiro puidéronlle os nervos.
- O Concello de Zas Aquacenit fai de primeiro equipo.
- A canteira do tenis de mesa de Zas demostrou estar moi viva no Lalín Arena.
- O Concello de Zas Aquacénit fai o traballo do Anorthosis.
- O Anorthosis segue firme no alto da táboa.
- Anorthosis e Aquacenit caen a puntos.
- Unha de cal e unha de area para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- Gran expectación para o derbi de tenis de mesa que abríu a tempada.
- A renovada familia Anorthosis comeza o curso a base de churrasco.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.