As Avoas de Laxe espallan a loita contra as violencias nos centros de ensino
Singular a celebración interxeracional do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que tivo lugar onte no IES Maximino Romero de Lema de Baio. O Grupo de teatro Avoas de Laxe levaron ao centro baiés a obra “O meu camiño”, unhaobra que tamén visitou estes días o IES Terra de Soneira, e o Auditorio de Laxe, e que estará o vindeiro 29 no IES Eduardo Pondal de Ponteceso.
Dirixidas por Marilde Montáns e Loli Toja, esta última autora do texto orixinal, o elenco formado case que integramente por mulleres e un par de homes, levaron a través do humor e a retranca, unha obra que fai rir pero tamén invita á reflexión para que sexamos quen de transformar a sociedade e facela máis igualitaria.
A obra consta de 6 pezas breves nas que se denuncian actutudes machistas da vida cotiá (As mulleres deben ser guapas, sen carácter e submisas; só se sentirán realizadas se teñen fillos; deben saber cociñar.... ). Unha obra de empoderamento feminino que contribúe a liberarnos da violencia de xénero. De feito a peza teatral finaliza cunha lembranza de todas as mulleres que asasinaron este ano e coa reivindicación expresa da erradicación da violencia de xénero.
Ovación espectacular que levaron as actrices lanxeses, especialmente Carmencita, que forma parte da Comunidade Educativa do centro, sendo ademais moi querida.
Este ano, ademais a familia laxense, quere dedicar as accións o seu compañeiro José "Boliche" que faleceu no mes de marzo.