venres. 25.04.2025
El tiempo

Brandomil recibiu unha visita universitaria

Visita USC a Brandomil1
Brandomil recibiu unha visita universitaria

Segue sendo o xacemento romano de Brandomil unha parada de interese para historiadores e arqueólogos de todo o país. Desta volta, o lugar foi a última parada que fixo o alumnado do primeiro curso da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, acompañado de parte do profesorado, nunha xornada na que tamén visitaron outros restos arqueolóxicos da comarca.

O doutor do departamento de Historia, Miguel Carrero Pazos organizou a visita ao xacemento de Brandomil despois de que a Fundación Brandomil presentara o libro “Brandomil. Vila Soterrada”, dos autores Lino Gorgoso e Abel Vigo na Facultade de Xeografía e Historia, diante do mestrado de arqueoloxía, no pasado mes de novembro.  Este libro recolle os resultados de investigacións e intervencións arqueolóxicas do último lustro en Brandomil.

Visita USC a Brandomil1

Loll Muíño, alcalde do Concello de Zas, fixo unha introdución ao alumnado gabando a importancia que ten o xacemento romano de Brandomil a nivel da Comunidade Autónoma. Tamén agradeceu este encontro ao profesorado por escoller na súa ruta cultural a Brandomil, unha das portas de entrada da Costa da Comarca. Felicitou aos futuros historiadores e arqueólogos por querer coñecer esta “vila soterrada” que se está a descubrir.

Durante a ruta, e antes do seu remate, o Director Arqueolóxico, Lino Gorgoso contestou a tódalas preguntas do alumnado coma do profesorado sobre o xacemento, a forma de traballar dos arqueólogos e as futuras accións que se pensan levar a cabo na zona de Pedra do Altar.

Máis novas de Brandomil

Comentarios