Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Fundación Brandomil levou o seu libro á Coruña

Fundacion Brrandomil Presentación Portas Ártabras2
A Fundación Brandomil levou o seu libro á Coruña

O pasado xoves tivo lugar no espazo cultural, Portas Ártabras da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, a presentación do libro “Brandomil. Vila soterrada”, dos arqueólogos Lino Gorgoso e Abel Vigo e editado pola Fundación Brandomil.

O acto foi presentado polo presidente da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Felipe-Senén López Gómez, polo membro da Fundación Brandomil, Lois Oreiro e os coaturores do libro, Lino Gorgoso e Abel Vigo.

Felipe Senén López, gabou o esforzo da Fundación na investigación arqueolóxica e subliñou a importancia de dotarse de espazos expositivos acaídos para exhibir os achados de Brandomil. Lois Oreiro expuxo os obxectivos que se marcou a Fundación Brandomil dende a súa creación no ano 2018 así como a evolución na que se atopaban. Os coautores do libro Lino Gorgoso e Abel Vigo, indicaron as bases na que se fundamentou o libro “Brandomil. Vila soterrada”, que recolle os resultados de investigacións e escavacións do último lustro en Brandomil.

No coloquio posterior, os amigos dos museos aplaudiron o labor da Fundación e amosaron curiosidade polos traballos que auspicia desde a súa creación.

Comentarios