Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os nen@s de Zas volven quedar dúas semanas sen pediatra

Os nen@s de Zas volven quedar dúas semanas sen pediatra

Continúa a política da Xunta de desprotección do sistema público de saúde no rural. Unhas políticas que volven sufrir as familias, neste caso de Zas, pois como informa a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría (xa inserida na Rede de Colectivos en loita), dende hoxe ás 13h ata o vindeiro 16 de setembro, ás 10h, os nen@s do Concello de Zas quedarán sen atención pediátrica ante as merecidisimas vacacións do especialista que pasa consulta nos centros de saúde de Baio e Zas.

”A única información que temos a tales momentos é que o Sergas non formula mandar un pediatra sustituto e que o protocolo a seguir é acudir ó centro de saúde de Vimianzo para calquera consulta pediátrica, quedando aprazadas as revisións do neno san ata a volta do facultativo de Zas”, lamenta Vanessa Camafreita, voceira da Coordinadora.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios