Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A RAG invita á veciñanza de Zas a recuperar os seus topónimos

xr:d:DAFSwg_s3rI:3,j:41887850271,t:22112310
A RAG invita á veciñanza de Zas a recuperar os seus topónimos

Esta semana xa vimos como a veciñanza de Fornelos traballou arreo para encher de topónimos e microtopónimos a plataforma colaborativa de Galicia Nomeada.

De cara ao luns 28 de novembro, é a propia Real Academia Galega a que se achega a IES Maximino Romero de Lema (Baio) ás 16:30 horas, para impartir unha charla arredor da campaña Toponimízate, Falámosche dos nomes da túa terra. Será o coordinador da unidade técnica do Seminario de Onomástica, Vicente Feijoo o que explique aos veciñ@s como colaborar na recolla de nomes de montes, leiras, fontes e outros microtopónimos facendo uso da aplicación colaborativa Galicia Nomeada.
O filólogo explicará tamén a orixe e o significado dos nomes das parroquias de Zas e do propio municipio.
 

Moito traballo por facer na comarca

Son moitas as diferencias de topónimos colleitados na Costa da Morte no Visor da Galicia Nomeada. Dende Concellos con máis de 5.000 topónimos rexistrados a outros que non chegan a 100… Para un total de topónimos colleitados a novembro de 2022 na comarca de 28.851.

Concello Nº Topónimos
rexistrados en
Galicia Nomeada
Cabana 540
Camariñas 94
Carballo 597
Carnota 3295
Cee 197
Corcubión 16
Coristanco 5741
Dumbría 138
Fisterra 77
A Laracha 5691
Laxe 78
Malpica 591
Mazaricos 329
Muros 3692
Muxía 265
Ponteceso 2350
Santa Comba 654
Vimianzo 3972
Zas 534
TOTAL (novembro 22) 28851

Máis novas sobre toponimia

Comentarios