xoves. 07.11.2024
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

A Xunta reiteira que a Costa da Morte ten pediatras de sobra

Levaba este pasado mércores 13 de marzo o BNG ao Parlamento Galego o caso dos recortes en pediatría na Costa da Morte. Recortes que parecen tal unicamente para os grupos da oposición e para as familias, unha vez que a Xunta reitera a súa posición de que na zona temos pediatras de sobra e que non van tomar ningunha medida, tal e como fixo na reunión cas familias mantida o pasado mes de novembro.

Concentracion de mercores de familias e profesionais no Centro de Saude de Muxia
Imaxe dunha concentrción de mercores de familias e profesionais no Centro de Saúde de Muxia
A Xunta reiteira que a Costa da Morte ten pediatras de sobra

O BNG, un mes despois de recibir á Coordinadora Zas sen recortes en pediatría, preguntoulle á Xunta por que se mantén o recorte de máis do 50% (de 35 a 15 horas) que sofren as familias de Zas. Unha redución que se une ao feito de que non se cobren as ausencias no servizo de pediatría, obrigando en moitos casos a desprazarse ata Vimianzo, Camariñas ou ata o Hospital de Cee.

Unha situación extensiva a outros municipios da Costa da Morte como Camariñas, Coristanco, Dumbría, Malpica, Muxía, Val do Dubra, Mazaricos, Cee, todos con problemas para que os menores reciban atención pediátrica de calidade. Precisamente no Centro de Saúde de Cee a pediatra está atendendo unha media de 45 pacientes diarios. Unha situación que ten provocado que as familias de Dumbría e Muxía, cando o seu pediatra compartido está de baixa, teñan que viaxar ata Fisterra.

A voceira de Sanidade do BNG, Monste Prado, lembrou a necesidade de ter recibido un protocolo de actuación en caso de urxencia. Ademais, aproveirou para recriminar a discriminación das familias do rural galego, así como o maltrato ás persoas integradas na plataforma Zas sen recortes que pretendían falar con Feijóo nunha visita ao concello.

A resposta da Xunta

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, respondeu á voceira do BNG sinalando que na comarca de Soneira hai pediatras suficientes. “Camariñas, Vimianzo e Zas contan con tres pediatras, un para cada concello”, asegurou con rotundidade.

Deixou claro coas cifras que non van facer absolutamente nada por mellorar o servizo sinalando que os 318 nenos de Zas son un 47% que hai 20 anos, e que a a media de consultas diarias de pediatría en 2018 foi de oito en Zas e de 11 en Baio.

Sobre o protocolo de actuación en caso de urxencia, Alumiña sinalou que “os cativos de Zas poden acudir ao seu centro de saúde e ao consultorio de Baio de luns a venres e fora de horaio teñen asistencia dun médico de famlia que conta cun servizo pediátrico de referencia en Vimianzo”.

Médico de familia

A intención de Xunta é que as urxencias sexan asumidas pola Atención Primaria, que xa está en pé de guerra pola situración de precariedade e continuos recortes. Así de claro o sinalaba Almuíña: “A atención á demanda espontánea ou de urxencia que poida xurdir fóra deste horario, é prestada polo médico de familia”.

Novas OPES

Para facer fronte ao insán costume da falta de peduatras en Galicia, a Xunta leva un ano sen sacar OPES. Polo menos parece que vai aproveitar a acumulada do 2018, para que en 2019 se oferten nas OPES 254 prazas de médico de familia e 93 de pediatría de atención primaria.

Que pensan as familias de Zas

Zas sen recortes en pediatria no Parlamento Galego

A Coordinadora Zas sen recortes en pediatría estivo presente no pleno, acompañada polo alcalde Lolo Muíño, considera que a situación descrita por parte do Conselleiro de Sanidade "non é, nin por asomo, a mesma que se está a vivir na realidade. Aínda que sexa certo que a comarca de Soneira conta, a tales momentos, con tres pediatras que consultan a diario nos tres concellos, a precariedade do servicio de pediatría no Concello de Zas é máis que evidente".

Sobre que sexan os médicos de familia os que atendan aos nen@s nas urxencias, dende a Coordinadora lémbranlle a Almuíña que "os nenos non son "adultos en pequeniño", tal e como xa tivemos que escoitar, sen dar crédito, da boca de Aurelio Núñez. Os nenos necesitan ser atendidos por pediatras e os pediatras (e todo o persoal sanitario) precisan unhas boas condicións laborais".

Todas as novas sobre os recortes no pediatra

Máis novas

Comentarios