Imprimir

Suso, o eterno capitán do Dumbría, recibirá o Premio Histórico na Gala do Fútbol da Costa-QPC

que pasa na costa | 25 de xuño de 2019

Suso, eterno capitán do Dumbría, ca Copa da Costa de 2001, será o Premio Histórico da Gala do Fútbol da Costa QPC
Suso, eterno capitán do Dumbría, ca Copa da Costa de 2001, será o Premio Histórico da Gala do Fútbol da Costa QPC

Foi practicamente o capitán dende a súa fundación, aló pola temporada 96/97. Vestiu a camisola branca e o brazalete vermello 15 anos, ata a 2011/2012. Suso, o eterno capitán do CF Dumbría, será homenaxeado na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC que se celebra este venres 28 de xuño ás 21:00h na Casa da Cultura de Olveira. Unha cita que será aderezada polo humorista esteirán Víctor Fábregas, e que dilucirá os seus 30 premios entre os máis de 60 nominados.

Jesús García Caamaño (Dumbría, 19/07/1979) ten no seu palmarés co dumbriés un asceso a 2ª, outro a 1ª e outro a Preferente, onde deixou ao seu equipo da alma. Ademais, alzou o título da Copa da Costa en 3 ocasións: na 2001 vencendo nada menos que ao Bergantiños; na 2005, fronte ao Baio, e na temporada 2011 ante o Cee.

Suso recollendo a Copa da Costa 2011

Aínda dá patadas no Sporting Uxes de División de Veteranos da zona da Coruña-Ferrol, pero antes de pasarse aos veteranos pasou polo SD Orzán de 2ª Autonómica da Coruña, onde reside por motivos laborais.

Suso recibirá este recoñecemento, que xa fixemos estes pasados anos con Torreira, Tito Luaces, Manolín, Isidro e os 6 equipos fundadores da Liga da Costa.

Os Premios Históricos das Galas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/suso-eterno-capitan-do-dumbria-recibira-premio-historico-gala-do-futbol-da-costa-qpc/20190625111948110962.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA