Venres. 29.03.2024
El tiempo

FERROATLÁNTICA

Os traballadores de Ferroatlántica esperan unha posición moito máis firme da Xunta

Visita do Conselleiro de Industria a Cee-Foto-Rafa Quintans
Visita do Conselleiro de Industria a Cee-Foto-Rafa Quintans
Os traballadores de Ferroatlántica esperan unha posición moito máis firme da Xunta

Foi un sábado tenso, o pasado día 30. O Conselleiro de Industria mantiña unha reunión, aproveitando a presentación do PP da localidade, cos traballadores de Ferroatlántica. Ás portas da Casa da Cultura centenares de persoas realizaban unha concentración pacífica, coa nova pancarta “Fornos en marcha xa. Polo cumprimento das Concesións hidroeléctricas”, que servía para lembrarlle a importancia que teñen estas fábricas para a comarca.

Recidimento ao Conselleiro de Industria na sua visita a Cee-Foto-Rafa QuintansAsí recibiu a comarca ao Conselleiro de Industria na sua visita a Cee-Foto-Rafa Quintáns

Unha reunión importante

Antonio Dominguez o Conselleiro e Diego Calvo cos traballadores de Ferroatlantica-Foto- Rafa QuintansAntonio Dominguez o Conselleiro e Diego Calvo cos traballadores de Ferroatlántica-Foto- Rafa Quintáns

Da reunión non saíron moi contentos os membros dos sindicatos, pois o Conselleiro limitouse a criticar o borrador do Estatuto Electrointensivo do Goberno Central, sinalando que é insuficiente e que ten marxe para a mellora.

Dende a CIG saíron “totalmente decepcionados, xa que o Conselleiro non fixo outra cousa que poñer balóns fóra, culpando ao goberno central polo borrador do Estatuto Electrointensivo, e poñéndonos no mismo lugar que Ferroatlantica de Boo e Alcoa Coruña, San Cibrao etc... obviando que a Xunta ten o título concesional das centrais hidroeléctricas, no que garante que a actividade das ferroaliaxes teñen que ser viables”, explica Alfonso Mouzo.

Lembran ademais dende a CIG que “nada fixo a Xunta dende a última reunión que tivemos no mes de febreiro. Daquela a fábrica de Boo tiña dous fornos parados, e nós outros dous... Agora Boo arrancou os dous fornos e ten a fábricaa o 100% da actividade produtiva pese a que ten os Megawatios menos subvencionados que os nosos. Nós seguimos cos nosos fornos de Manganeso parados e a Xunta nada fai por garantir os empregos e industria na comarca”, lamenta.

Así, dende a CIG consideran que “a unidade de acción e movilización é o único camiño para acadar o obxetivo de manter a actividade das fábricas vinculada as centrais, xa que sería inconcebible que pecharamos unidades productivas polo precio da enerxía sendo nós productores de enerxía”.

Tamén recoñece Juan Villar, da CGT, que “esperamos respostas contundentes da Xunta de Galicia cara a empresa”. Villar recoñece que o estatuto do goberno central é escaso, polo que “é necesario pelexar por ter mellores garantías para a industria”, pero lémbralle ao Conselleiro que “Ferroatlantica é un caso especial con respecto ao resto de industrias, posto que nós estamos baixo concesións públicas, tanto hidráulicas como mineiras, e se ten que facer valer estás condicións”.

O Comité tamén lle preguntou ao Conselleiro se tiña coñecemento da sospeita sobre a opción de compra por Ferrovial dos activos eléctricos, ao que o Conselleiro asegurou que non sabía nada desta posible segregación encuberta coa connivencia das administracións. En todo caso, pedíronlle que estiveran atentos.

En todo caso, quedaron emprazados para unha nova reunión máis técnica na que estudar profundamente o asunto.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios