xoves. 01.05.2025
El tiempo

O helicóptero de Salvamento rescata unha muller na praia da Barda mentras facía o Camiño dos Faros

O helicóptero de Salvamento rescata unha muller na praia da Barda mentras facía o Camiño dos Faros
rescate-camino-faros O rescate da ferida durou unhas cinco horas. Imaxe: Lois García Carballido O helicóptero Pesca II rescatou esta tarde a unha muller de nacionalidade francesa mentras realizaba a etapa 2 do Camiños dos Faros Niñóns-Ponteceso; un roteiro aínda sen homologar a pesar do compromiso da Xunta. A ferida atopábase a uns tres quilómetros da praia de A Barda, en Ponteceso, nunha zona escarpada, de difícil acceso e con pouca cobertura. A muller torceu un pé o que lle provocou un forte inchazón e dor que lle impedía moverse. Unha compañeira da ferida - coa que realizaba a etapa - foi a que alertou aos equipos de emerxencias sobre a unha deste mediodía. Rescate en Corme Ata o lugar achegáronse membros do GES de Ponteceso e unha ambulancia medicalizada. Ante a perigosidade da zona, o 112 decidiu que o rescate debería ser por aire. Foi o helicóptero Pesca II de Salvamento Marítimo quen realizou o rescate e trasladou a ferida ao CHUAC - Complejo Hospitalario Universitario A Coruña -. O operativo de rescate pechouse pouco despois das seis da tarde. O alcalde de Ponteceso - Lois García Carballido - desprazouse ata o lugar do incidente e mesmo retrasmitiu en directo o rescate a través do seu perfil de Facebook. [fbvideo link="https://www.facebook.com/loiscarballido/videos/10212065703458965/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
   

Comentarios