O Ponciano Nieto prepara a festa do ascenso


Poucos encontros se disputaron a pasada fin de semana, todos de 2ª División Galega, na que o Concello de Zas Ponciano Nieto manda con moita vantaxe sobre os seus perseguidores e xa ten practicamente asegurado o ascenso.
Resultados
- Bodegas Güiusseppe Anthony - Concello de Zas Ponciano Nieto 0-6 (1-18)
- Concello de Mazaricos - Concello de Zas Cernadas 3-3 (11-9)
- Monte Porreiro Abanca - Vimianzo TM 4-2 (14-9)
Xa se preveia o resultado de Concello de Zas Ponciano Nieto en Ribadumia ante as benxamíns, agora só lle quedan conseguir 4 puntos máis para ter matematicamente o ascenso, e conseguirao se non pasa nada raro o próximo sábado contra os de Oroso.
O derbi dos equipos de Mazaricos e Cernadas prevase disputado e a verdade eé que o foi xa dende o venres cando entrenaron xuntos, e obviamente non se enfrentaron para dexar as disputas para o sábado, aquí sempre facemos bo aquilo de "amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale". Ao final un empate que deixou satisfeitos a todos e máis despois da merenda que tomaron xuntos. Os puntos de Concello de Mazaricos foron de Javier Rodríguez (2) e Martín Paris (1), José A. Lado perdeu os dous partidos. Os puntos do Concello de Zas Cernadas foron de Joel (2) e Raúl (1), tameń xogaron as benxaminas Tatiana e Lara.
O domingo pola mañá emperzou moi ben o Vimianzo TM coas dúas vitorias de Adrián Riveiro e David Roget, e incluso Lucía contaxiado polo xogo dos compañeiros facía moi bos partdos, pero todo se quedou aí. Logo da 1ª ronda desfondaronse nos ánimos e no xogo e deixaronse superar polos pontevedreses que en ningún momento foron superiores, pero así siguen loitando polo 2º posto. Servirá de experiencia.
Partidos da 1ª Nacional Feminina
- CTM Coruña - Aluminios Xeal 6-0.
- Cidade de Narón - Aluminios Xeal 5-1.
Non conseguiron bos resultados as nosas xogadoras neste desprazamento a Narón, que esperan mellorar na última xornada. Será cuestión de traballo e mentalizarse de que si poden aspirar a maiores metas.
Vindeira xornada
Este sábado 12 de marzo:
- No ximnasio do CPI de Zas 2ª división galega:
- Ás 16'00 h. Concello de Zas Cernadas - Oroso Trastes.
- Ás 18'00 f. Concello de Zas Ponciano Nieto - Oroso Trastes. - Nas instalacións do Club del Mar e A Coruña, 3ª divsión nacional:
- Ás 17'00 h. Club del Mar Promesas - Anorthosis Vimianzo. - Nas instalacións da S.D. Hípica de A Coruña:
- Ás 17'00 h. Club del Mar - Concello de Zas O Pinar.
- Ás 18'30 h. HÍpica Coruña - Concello de Zas O Pinar.
O domingo 13 de marzo en Monte Porreiro Pontevedra, 2ª división galega:
- Ás 11'00 h. Monte Porreiro Abanca - Concello de Mazarcos.
Máis información
- Clasficacación da 2ª División Nacional Feminina.
- Clasificación da 3ª División Nacional Grupo Centro.
- Clasificación da 2ª División Galega Grupo Centro.
Novas relacionadas
- O Concello de Zas Ponciano Nieto enfoca o ascenso.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
- Fin de semana de maratóns e derbis para a familia Anorthosis.
- O Anorthosis suma e O Pinar prepara o maratón ferrolán.
- Pinpon tamén por Nadal.
- O Anorthosis espalla o tenis de mesa pola Costa.
- Vimianzo, Zas e Mazaricos seguen vibrando co tenis de mesa.
- A familia Anorthosis segue medrando.
- Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa.
- O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis.
- Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis.
- As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias.
- O Anorthosis nota a falta de adestramento neste comezo de temporada.
- Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores.
- O Anorthosis comeza a tempada entre os primeiros equipos de tenis de mesa.
Crónicas da temporada pasada
- Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
- O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Anorthosis, da man de Stevo Lema.