Sábado. 27.07.2024
El tiempo
Abraham Trillo
09:06
20/05/24

Letras Galegas

Letras Galegas

Estaba eu poñéndome rubio ao sol da terraza do Pazo, cando vin chegar unha longa procesión de xentes con imaxes e palios. Que era o que estaba a pasar o 18 de maio? Demasiado cedo para Corpus, demasiado tarde para Semana Santa, o día do patrón rematábase de celebrar e para o do Carme quedaban moitos días. Entón, quen eran estes procesionarios? Gaita por aquí, gaita por alá. Pais, nais, nenos e nenas, poetas e poetos, xuntos como irmáns ao encontro das letras.

Fenómeno curioso o que se produce entre os nacionalistas de Galicia, que non van comulgar da man da Eirexa Católica, pero que inventan- ou máis ben copian- a súa comunión e os seus ritos particulares tomándoa como molde. Así, predican e aleccionan amosándolle aos cidadáns o bo camiño, esa verdade que só eles -iluminados- coñecen; así, se disfrazan de curas polo Entroido; así, arman procesións en canto poden. Non sei vós, pero eu, na ansia que amosan por conformar esa nova secta que xa son, vexo un trauma e un complexo.

Fuentes, fotógrafo antigo e moderno, sempre fotógrafo, sempre Fuentes, pregúntame: “E ti, sendo de letras, que fas aquí, tomando cerveza? Tiñas que estar na plaza. Ou esas letras non son as túas?” Púdenlle contestar que as letras son as mesmas para todo o mundo -tamén, que non tiña tempo porque estaba a escribir este artigo-, pero non me quixen poñer repipi- máis ca nada, porque non o merecía. Cos amigos, non me importa entrar ao trapo -. “É que eu, Fuentes, sonche de letras escritas, non bailadas. Para min, as letras no folio e as bailas en horizontal”.

O día das Letras Galegas, no meu pobo, caeu en sábado- que o venres era festivo-. Luisa Villalta, en gloria esteea, moi guapa.

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios