Luns. 30.11.2020
El tiempo
José Luis Louzán
13:24
13/04/20

Raqueiros

Dicía Churchill que “O prezo da grandeza é a responsabilidade”.

A Cuarentena forzosa amosa como poucas cousas as costuras dun sistema que demos en acoller coma forma de vida sen discutir nunca si era ou non o adecuado. O sistema nos veu dado, despois de catro décadas de ditadura a un pobo moi acostumado a obedecer sen rechistar. Os e as galegos e galegas somos moito de dicir que si e despois, si non nos miran, facer o que nos pete. Vai no noso caracter, na nosa forma de ser. Cando as políticas neoliberais importadas dende os paises da revolución industrial enviaron a fame a dúas xeracións de galegos, noutros paises o pobo levantou en armas: nos marchamos coa maleta a busca dunha fortuna que as veces chegou e as veces acabou en traxedia.

Cando a dereita decidiu dar un golpe de estado na defensa dos seus privilexios no 36, algunhas comunidades deron en defender a democracia: Galicia, sen embargo, foi base de operacións e experimentos para os golpistas e de pleitesía aos poderosos. Os que non quixeron tragar, unha vez mais, marcharon ao exilio. Entre eles foron algún dos mellores de entre nos: Castelao, Seoane, Rafael Dieste, Carmen Muñoz.

Este luns, como dende hai días, Cee amence sen actividade comercial e colexios.

E esto é todo o que falta porque, un rápido vistazo de 30 segundos a calquera rúa nos ofrece a lamentable visión do nivel real de insolidariedade e falta de respeto a lei e a saude dos demais. Dúcias de persoas, decenas de vehículos ocupados por 2, 3 e ata 4 persoas circulan con total normalidade. O fan os obreiros de actividades non esencias, si, pero tamén algúns que teñen a actividade restrinxida ou directamente prohibida; a onde vai esa furgoneta dun establecemento de repostos de vehículos? e o dos electrodomésticos? e o dos mobles? Todas son actividades restrinxidas polo Real Decreto 463/2020 de 14 de Marzo, hai alguen vixiando todo isto?

Grupos de 3 e 4 persoas, con e sen mascariña, se reunen en plena rúa a parolar, gardando a duras penas a distancia esixida polos especialistas... pero non pasa nada.

E non pasa nada porque, en realidade, a ninguen lle importa. O espectáculo hipócrita de ver en fiestras e balcóns (os menos, que isto segue a ser Galicia e as veces chove) a homes e mulleres aplaudindo a sanidade cando hai 3 días criticaban aos seus profesionales por “vivir do conto” ou pola suposta pesima atención que p`restaban a vergoñento. Estes e estas palmeiros son aqueles que acudían as consultas do SERGAS co coitelo entre os dentes porque o médico ou a medica non facia o que lle pedían “Ti cres? e non me dixo que iso non era para mandarme ao especialista?, xa lle dixen que tuvera cuidado, que para o seu sitio hai xente abonda, que a ver que se cre!”. Esta frase, e outras similares, as escoitei non poucas veces dentro do meu periplo hospitalario mais recente e previo a declaración do estado de emerxencia.

Estado de emerxencia... que parte desta frase non se entende?. Xa leva morto un puñado de veciños e veciñas. Calquera cifra e moita, pero a que temos rexistrado xa aquí non é para tomala a broma. O número de contaxiados xa é unha incognita, a vista de que, coma sempre, os datos van de arriba cara abaixo e, por algunha razón, non podemos saber cantos veciños e veciñas da bisbarra foron xa contaxiados polo virus. Pero a realidade é tozuda. Calquera contacto cruzado e sinónimo de contaxio.

A OMS, non o taxista de turno ou o veciño de barra, non, a Organización Mundial da Saude estima que a tasa de contaxio do virus anda entre o 1,4 a 2,5, ainda que outras estimacións falan dun rango de entre 2 e 3. Esto quere dicir que cada persoa infectada pode a súa vez infectar a entre 2 e 3 persoas, ainda que se descubriu que poden darse unha sorte de “supercontaxiadores”, capaces de contaxiar ata a 16 persoas.

Así, a vista do absoluto desleixo das mínimas normas recomendadas ou obrigadas, a vista do nulo control da poboación pola autoridade competente, non ten nada de descabellado asumir que a Costa da Morte poda verse cun 70% da sua poboación contaxiada nun prazo de 30 a 60 días, dado que a época de máximo confinamento parece basicamente un luns calquera, salvo polas tendas e os colexios. Si un 70% da poboación se contaxiara, é loxico considerar que entre o 35 e o 55% da poboación con mais de 65 anos o padecera e dado que a tasa de mortalidade do virus nese grupo humano rolda o 60%, non sería ilóxico crer que entre 2.000 e 5.000 maiores na Costa da Morte puideran perder a vida por mor da afectación do coronavirus.

A única forma, o único xeito real coñexido a día de hoxe para evitar isto é quedar na casa. Quedar na casa é, basicamente iso, non sair salvo para o IMPRESCINDIBLE.

E isto implica non ir traballar cando o que fas non é indispensable (e non, amigo tendeiro/ carpinterio/pintor/comercial/peluqueiro/sastre/xardineiro/chapista/libreiro... non sodes imprescindibles, para nada)
Implica non sair a un super a dous kilómetros da casa “porque non me gustan os iogures do que teño a 40 metros”.
Implica ir a farmacia mais cercana das de garda, e si tes que ir en coche, ir directamente, aparcar e acudir ao establecemento gardando a debida distancia.

E facer isto unha vez, para non ter que vovler cada media hora porque iso non é imprescindible.

Non é imprescindible ir ao banco, menos ainda na época do internet para todos e os mobiles. Se tes teléfono para enredar no Facebook telo para facer xestións na banca online. O seguro pode agardar, o abogado poder agardar, a asesoría as veces non, pero incluso iso agora pode agardar e as consultas online a por teléfono tamén valen.

A sensación de que a crise na economía vai acabar con nos é a arboré que nos impide ver o bosque. A única maneira real e práctica de que fracasemos coma sociedade e coma persoas non é unha crise económica. A única maneira de fracasar demostrada é morrer.

E para quen siga pensando que o virus so mata ancianos e enfermos, vale a pena dicir que unha moza de 16 anos, outro de 26 e varios profesionais, coma dous Garda Civis ou unha ATS de menos de 40 tamen morreron sin que se tratase de pacientes con patoloxías previas. Porque o virus mata, mata a eito, e iso non o fai a gripe, por moito que sirva de exemplo para moitas cousas nas charlas de cuñado destes días polo Skype.

Este problema é un problema de todos, e iso aquí levámolo bastante mal. No país dos marcos das leiras coma pivotes inamovibles do pensamento individual, no lugar dos raqueiros, dispostos a roubar a mercancia do barco sinistrado polo temporal antes que a rescatar aos naufragos, na terra do “Outro Mais” polo Prestige, querer defender que “todos somos irmáns” e “kumbaya” me parece coma mínimo infantil.

E sen autoridade que se preste a que aqueles desaprensivos que ignoran as limitacións a tomen pola forza ou a base de multas xa podemos darnos todos por contaxiados. Non teñades a mais mínima duda.

Por favor, polo que mais queirades, quedade na puta casa. Deixade de pasear.
 

OUTROS ARTIGOS DE JOSé LUíS LOUZáN

DE QUE ESTAMOS FALANDO...

INFORMES SOCIOECONóMICOS DE JOSé LUíS LOUZáN

comentarios